Hoxe celebramos o Día Internacional da Muller con diversas actividades. Primeiro colocamos panos morados coa axuda dos compañeiros e compañeiras de sexto para forma o símbolo feminino.
Despois tivemos a visita da mamá de Luis que é arqueóloga e nos contou en qué consiste o seu traballo, qué ferramentas empregan e nos trouxo fotos de descubrimentos moi interesantes, como a dun castro, o fragmento dunha ola de barro ou un esqueleto.
E por último fixemos unha camiseta cunha mensaxe para este día: XUNTAS PODEMOS CONSEGUILO.
Este venres veu a lernos un conto a mamá de Naela e tróuxonos un conto de Frozen que ten sons. Ademais tamén nos trouxo un precioso agasallo: unha nebulosa para cada unha/un que fixeron Naela e ela. Encantounos!!!
Moitísimas grazas por todo!!!
Cando chegamos o mércores á aula atopámonos unha caixa cunha grande sorpresa: unha paisaxe chea de dinosaurios de papel que fixeron a mamá e o papá de Sara. É preciosa e nela podemos ver moitos tipos de dinosaurios, ovos e ata un volcán. Ademais tamén nos trouxeron un dinosaurio que voa pola nosa clase!!
MOITÍSIMAS GRAZAS!!!!
O 24 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro e nós celebrámolo este luns cun recital de poesía xunto cos nosos compañeiros e compañeiras de Primaria.
E o venres por fin chegou o día de celebrar o Entroido. Este ano disfrazámonos da tripulación do barco Victoria, un dos navíos que utilizaron Magallanes e Elcano para dar a volta ao mundo.
Por iso, uns días antes preparamos o noso barco.
Ademais tamén elaboramos unhas máscaras de dinosaurios, relacionadas co proxecto que estamos a traballar este trimestre.
O día da festa a merenda foi especial, comida típica destas datas: rosquillas, orellas, filloas, torrixas... Grazas ás familias!!! Estaba todo moi rico!!!
Despois preparámonos para acudir ao local da Asociación de veciños a celebrar o Entroido: puxemos o chaleco e o gorro.
Xa listos, todo o alumnado e o profesorado do centro fomos en comparsa ata ao local da Asociación e alí realizamos a nosa actuación e vimos as dos compañeiros e compañeiras de Primaria.
Esta foi a nosa actuación.
Para finalizar a festa regresamos a cole e queimamos a Meca, dando por finalizado o Entroido deste ano.
Pasámolo moi ben e xa queremos repetir!!!