Iniciar sesión: Acceso

blogue derocio

DÍA DE LECTURA

  O venres veu á nosa clase a mamá de Francisco a contarnos un conto:"Las mariquitas no pueden esconderse", que narra a historia de como os animais xogan ao escondite, pero Bipo sempre atopa ás xoaniñas porque son tan brillates que se ven a un kilómetro.

  Ademais tróuxonos un agasallo: unhas xoaniñas cun pequeno doce.

  Moitas grazas!!!

                 

         

   

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

   O xoves celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz con diferentes actividades.

   As nenas e nenos de infantil elaboramos unhas botellas con mensaxes que expresan que é paea nós a paz.

                                 

  

        

                                                              

   Despois celebramos este día co resto dos compañeiros e compañeiras do centro e tamén coas familias.

   Primeiro pasamos por diferentes recunchos e practicamos distintos deportes como remo, handbike, loita e tiro con arco.

              

       

       

      

       

         

            

      

          

   

         

   

                     

                                

   Despois tomamos un pouco de leite para coller forzas para a carreira. Primeiro correron os nenos e nenas de 3 anos, despois os de 4 e 5 anos e logo os compañeiros e compañeiras de Primaria. 

   Deseguido volvemos correr, pero esta vez coas familias.

   A continuación tivo lugar a festa Holi. A cada un/unha déronnos unha bolsa con polvos holi de diferente cor e cando estabamos todos listo botamos os polvos ao aire, poñéndonos todos de cores. Que ben o pasamos!!!

         

   

   E por último bailamos a coreografía da canción que bailamos o día 25 de novembro contra a violencia de Xénero.

   Foi un día moi divertido, onde o pasamos xenial!!!!!

   E así rematamos o Día da Paz.

   

 

   

ÁRBORE DA IGUALDADE

   Esta semana os nenos e nenas de infantil puxemos o noso graniño de area na decoración da árbore da igualdade que hai no centro. Para iso pintamos flores, paxariños e bolboretas con imaxes e palabras que fomentan a igualdade, como "mesmos dereitos" ou "equidade".

   

LECTURA DAS FAMILIAS

  O venres veu a contarnos un conto a mamá de Rita e tróuxonos "El pez arcoiris", unha historia moi bonita que nos ensina a importancia de saber compartir.

 Despois pintamos ao pez de moitas cores e puxésmolle gomets con brillo.

 Moitas grazas por vir!!

                                

                                             

BONECOS DE NEVE

  Esta semana fixemos unha manualidade relacionada co inverno.

  Cada un dos nenos e nenas elaborou o seu propio boneco de neve, pero en lugar de poñerlle un gorriño, puxéronlle unhas orelleiras.

  Que bonitos quedaron!!!!

  

           

         

     

                                         

                          

            

   

Distribuir contido