Estes días estivemos facendo a nosa árbore do outono con material reciclado e xa as temos todas rematadas!!!!
Para facelas usamos conos de papel hixiénico que pintamos de cor marrón como se fosen troncos das árbores e despois pegamos anacos de follas de verdade que recollemos no patio, tanto nas ramas, como no chan, xa que no outono a algunhas árbores lles caen as follas.
Quedaron moi bonitas!!!
Hoxe fomos de excursión a Narón a ver a representación da obra "Acuario" de María Canosa.
Coñecimos moitos peixes que viven no mar como o congro, a meiga, a agulla ou a xarda.
Pasámolo moi ben!!!!
Hoxe viñeron a contarnos un conto a mamá, o papá e a irmá de Sara. O conto que trouxeron foi: "A meniña furacán e o meniño esponxa".
Encantounos a historia desta nena e deste neno tan diferentes entre eles, pero que eran moi amigos. E aprendimos unha palabra nova: sapoconcho.
Ademais puidemos pintar unhas marionetas das personaxes e levalas para a casa, xunto cunha foto que nos sacaron a todos xuntos.
Moitas grazas familia!!!!!!
Aproveitando que o martes fixo bo tempo decidimos saír ao invernadoiro para plantar coles de bruselas.
Cada un dos nenos e nenas fixo un burato na terra coas mans para poder meter a planta e botoulle de novo terra enriba. Despois colleron a regadeira para regalas.
Para rematar puxeron o seu nome ao lado da súa planta.
Agora queda coidalas con moito mimo para que crezan e así poidamos recoller máis adiante as coles.
Como nos gustou tanto plantar no invernadoiro, despois axudamos a Ricardo a plantar un arbusto diante do colexio.
El ensinounos como fixo o burato coa pa e despois plantámolo. Ao mesmo que fixemos coas coles de bruselas, tamén regamos o arbusto novo e os demais que hai ao seu redor.
Foi unha experiencia moi divertida e xa somos grandes agriculoras e agricultores!!!!
O martes tivemos unha sesión de maxia con Mago Benxamín. Fixo trucos que nos gustaron moito, como cando sacou moitas cintas de cores, cando pasou un coelliño dunha pizarra a outra ou cando puxo a súa chaqueta rosa estando atado cunhas cordas.
Que ben o pasamos!!!!