E o venres por fin chegou o día de celebrar o Entroido. Este ano disfrazámonos da tripulación do barco Victoria, un dos navíos que utilizaron Magallanes e Elcano para dar a volta ao mundo.
Por iso, uns días antes preparamos o noso barco.
Ademais tamén elaboramos unhas máscaras de dinosaurios, relacionadas co proxecto que estamos a traballar este trimestre.
O día da festa a merenda foi especial, comida típica destas datas: rosquillas, orellas, filloas, torrixas... Grazas ás familias!!! Estaba todo moi rico!!!
Despois preparámonos para acudir ao local da Asociación de veciños a celebrar o Entroido: puxemos o chaleco e o gorro.
Xa listos, todo o alumnado e o profesorado do centro fomos en comparsa ata ao local da Asociación e alí realizamos a nosa actuación e vimos as dos compañeiros e compañeiras de Primaria.
Esta foi a nosa actuación.
Para finalizar a festa regresamos a cole e queimamos a Meca, dando por finalizado o Entroido deste ano.
Pasámolo moi ben e xa queremos repetir!!!