Iniciar sesión: Acceso

NOVAS PROPOSTAS

   Ola!!

   As propostas de hoxe son moi variadas:

   1- Facer unha pirámide alimentaria: na clase xa a estivemos traballando, falando dos alimentos que hai en cada unha das partes nas que se divide. Se tedes folletos de supermercados os nenos e nenas poden buscar os alimentos neles, recortalos (traballando así o uso das tesoiras) e pegalos no sitio correcto da pirámide. Senón tamén poden debuxalos e pintalos (os peques de 3 anos necesitan máis axuda).

   2- Grafías: para poder traballar de forma divertida a grafía dos números e das letras en maiúsculas (as nenas e nenos de 5 anos poden tamén facer as letras en minúscula) só necesitamos unha bandexa ou a tapa dunhha caixa de zapatos e sal. E xa temos lista unha bandexa máxica que nos permite facer tantas letras e números como queiramos e borralos de forma sinxela para seguir facendo máis.

   3- Escoitar a radio: déixovos o enlace a unha radio para nenas e nenos de 0 a 9 anos, BABYRADIO, na que poden escoitar a radio en directo ademais de contos, cancións e diversas emisións para traballar aspectos relacionados coa natureza, educación vial, inglés, sen esquecer tamén que tedes podcasts para os diferentes momentos do día (almorzo, cena, baño e descanso).

   https://babyradio.es/emision-espana/


    Un bico enorme!!