Iniciar sesión: Acceso

COMEZAMOS A SEMANA E CHEGAMOS Á LÚA

    Bos días peques,

  Como estades? Listos para comezar una nova semana e novo mes?

   O primeiro que imos facer e ver este vídeo do conto ¿A que sabe la Luna? que nos da una pista sobre o que imos aprender hoxe.

   Agora que sabedes que imos coñecer mellor a Lúa, déixovos un vídeo onde vos conta cousiñas dela e onde tamén vos explico a actividade de lecto- escritura. Imos ter una lanterna máxica que nos permite atopar palabras escondidas (podedes ver que a actividade ten dúas modalidades: unha para os nenos e nenas de 3 anos e outra para os de 4 e 5 anos). Se non dispoñemos da funda de plástico ou da cartolina, podemos usar unha folla en branco e ir buscando as palabras escritas (relacionadas co Sistema Solar e os nomes dos compañeiros/as).

   

   Aquí tedes outro vídeo que vos explica tamén a Lúa.

   

                                                       

    Como puidéchedes ver no vídeo hoxe lle imos a explicar a Pixi os hábitos de hixiene e as prendas de roupa. Imos dicir 5 prendas (sen repetir) dicindo onde as poñemos. Ademais imos traballar a nosa motricidade fina tendendo roupa, dobrándoa, abotoándoa, subindo e baixando cremalleras, poñendo corchetes, atando os nosos zapatos…

   Neste vídeo podedes ver unha canción dos hábitos de hixiene.

   

   Por último vos propoño traballar as nosas emocións. Para iso vos deixo un documento que podedes copiar onde hai 6 frascos que gardan as nosas emocións: alegría, tristeza, rabia, medo, calma e amor. O que temos que facer é poñer cada día un puntiño no bote da emoción que representa como nos sentimos ese día (usando a cor desa emoción) explicando por qué. Por exemplo hoxe eu estou alegre porque a fin de semana puiden saír a dar un paseo, polo que poño un puntiño amarelo no bote da alegría.

   En que bote poñedes vós hoxe o punto?

   

   VER DOCUMENTO ADXUNTO

    Bótovos moito de menos.

  Un bico enorme.

AdxuntoTamaño
Emocións.pdf226.73 KB