Iniciar sesión: Acceso

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

   Ola peques,

  Comezamos outra semana que vai a ser un pouco diferente. Imos deixar aparcado un pouquiño o Sistema Solar porque esta semana celébranse as Letras Galegas, concretamente o domingo día 17, e imos coñecer un pouco o autor ao que se lle adica este ano esta celebración: RICARDO CARVALHO CALERO.

   

  No vídeo que tedes a continuación volo presento.

  

  A actividade que imos facer é escribir o nome deste autor e decoralo como fixemos coa palabra eclipse (os de 3 anos poden só decoralo) e elexir a palabra en galego que máis vos gusta das que vos digo no vídeo: xoaniña, miñoca, orballo, moucho, besbello.

  Ademáis o sábado foi o día de Europa e hoxe imos coñecela un poquiño máis a  través do vídeo que vos deixo a continuación.

  

    E se vos animades podedes facer a bandeira da Unión Europea.

  Xa queda menos peques!!

  Un bico enorme!!!