Iniciar sesión: Acceso

QUE IMOS FACER HOXE?

  Bos días peques!!

  Para rematar de coñecer un pouquiño máis a Terra hoxe imos falar das eclipses e no vídeo podedes saber cousiñas sobre elas.

  

  Neste outro vídeo podedes coñecelas un poquiño máis.

  

  A actividade que podemos facer é decorar á palabra ECLIPSE como cada un queira: con cores, rotuladores, arroz, plastilina, boliñas...

 E que lle imos ensinar hoxe a Pixi? A nosa casa, onde vivimos. Para iso imos repasar as parte da casa e as tarefas que podemos facer en cada unha delas.

   

  Ademais vos propoño facer un xogo divertido para dirixir unha boliña pola “nosa casa” (non é necesario facer as divisións, con levar a bola dun lado a outro xa chega, o que se pretende é traballar a direccionalidade).

  

   E por último, como é venres, vos deixo uns enlaces para xogar online.

  O primeiro é un memori e os outros dous son quebracabezas con diferentes niveis de dificultade (os do segundo enlace son máis complicados).

   https://arbolabc.com/juegos-de-memoria/memoria-arbol-abc  Memori

   https://arbolabc.com/rompecabezas-para-ni%C3%B1os/personajes-exploradores     Quebracabezas

   https://arbolabc.com/rompecabezas-para-ni%C3%B1os/personajes-curiosos       Quebracabezas

  Disfrutade da fin de semana

  Un bico enorme!!