De todos é sabido que a COMUNICACIÓN E A CONVIVENCIA están íntimamente relacionadas. O alumnado de quinto e sexto inicia no día de hoxe unha nova actividade na que ambas van a par: "AO TEU CARÓN". Trátase dunha serie de entrevistas a diferentes persoeiros, non só no centro, senón na contorna, sobre o seu oficio ou actividade desempeñada. Por outro lado, sérvelles de ensaio para para o novo proxecto que inauguraremos en breve no centro: A RADIO NA ESCOLA. Irán tomando contacto cos micrófonos!!!É importante destacar que foron elaboradas por eles mesmos e tamén gravadas. En moitos casos tiveron que entablar conversa cos entrevistados para pedirlles permiso para esta tarefa e poñer data para elo; co cal, traballouse tamén a convivencia previamente á propia gravación. Cada luns intentaremos colgar nesta páxina web unha nova entrevista de cada nivel, agardando estar sempre "AO VOSO CARÓN".
.