Os alumnos de 6º están traballando Francia , para iso contan con reportaxes , traballos , e lecturas como O PRINCIPIÑO de Saint- Exupéry e VEINTE MIL LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO de Julio Verne .
Escribiron unha obra de teatro para o festival de Nadal que levou por título UNHA VIAXE DE LOCOS POLO MUNDO .Un auténtico espectáculo !!!
Son locutores na nosa radio RADIOLA .Emitiron o día 13 de febreiro e o día 14 con motivo do día da Radio e con motivo do día de San Valentín respectivamente .
Agora están preparando para o desfile de entroido , no que irán de VOYAGE , VOYAGE como francesitos e francesitas .
Participan nas actividades programadas dende o departamento de Orientación : charla de discapacidade , o día das bicis ...Todo isto para desenvolver as súas competencias .