Durante o mes de novembro levarase a cabo a renovación de varios membros do Consello Escolar. As datas de interese a ter en conta son as seguintes:
- 5 de novembro
Constitución da xunta electoral e publicación dos censos electorais.
- 6 de novembro
Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores.
- 13 de novembro
Remata o prazo de presentación de candidaturas.
- 15 de novembro
Sorteo público de designación dos membros das mesas electorais e aprobación definitiva dos censos electorais.
- 28 de novembro
Votacións ao consello escolar.
- 30 de novembro
Proclamación de candidatos electorais.
- 10 de decembro
Constitución do Consello Escolar.