O CEIP de Curtis forma parte este ano dun programa europeo de formación chamado ERASMUS +. O proxecto leva por títuo Metodoloxías para o desenvolvemento da competencia dixital.
Entre as diferentes actividades que se están a desenvolver levarase a cabo unha formación no extranxeiro (Atenas)
A próxima semana (do 6 ao 10 de febreiro) tres mestras do centro realizarán o curso STEAM IN CLASSROOM, MULTIPLE INTELLIGENCES, MICROLEARNING, FLIPPING CLASSROOMS AND CLIL.
Estamos entusiasmados por formar parte deste proxecto e incluirnos no circuito europeo de formación abríndonos a novas experiencias.