Skip to Content

" A lectura marca un rumbo ; segue lendo para non perdelo"

    " A lectura marca un rumbo ;

    segue lendo para  non perdelo "

   Con motivo   da celebración  do Día  do Libro  , o 23 de abril ,  dende o Equipo da Biblioteca do CEIP  de Curtis , proponse  unha actividade para levar nos  patios  de recreo  destinados  a cada curso .

A  actividade   ten como preámbulo uns  versiños  nos  que se di o obxectivo da mesma que é : buscar un libro  nun determinado lugar do patio do colexio  seguindo unhas pistas .

Os  versiños  din así :

Un libro aquí , un libro alá , 

ai , búscao , ai , búscao !

ao teu redor  el andará ,

ai , búscao , ai búscao !

Preto de ti sempre estará, 

ai , búscao , ai búscao !

E moi lonxe con el irás .

Aí está ; xa o verás !!

 

Os libros  seleccionados para que os alumnos  busquen son:

Para  Infantil :  Los Tres Cerditos 

Para 1º  e 2º  de Primaria : Alicia en el País  de las Maravillas 

Para 3º e 4º  : O Principiño 

Para  5º e 6º : Don Quijote de la Mancha 

 

Agardamos  que os libros  sexan sempre unha boa compaña   e aprendamos con eles !!



page | by Dr. Radut