QUERIDAS FAMILIAS:
COMO TODOS SABEDES, HOXE, 22 DE DECEMBRO, REMATAN AS CLASES E REANÚDANSE O VINDEIRO 8 DE XANEIRO.
FINALIZA O PRIMEIRO TRIMESTRE, AFORTUNADAMENTE, SEN INCIDENCIAS DESTACABLES.
CANDO COMEZAMOS ESTE CURSO, A NOSA PREOCUPACIÓN ERA IMPORTANTE, PERO GRAZAS AO ESFORZO DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, ESTA FOI DISMINUÍNDO E PUIDO DESENVOLVERSE A ACTIVIDADE EDUCATIVA CON NORMALIDADE, AINDA QUE, NUNHA NOVA REALIDADE.
O CLAUSTRO DO CEIP CURTIS QUERE AGRADECERVOS O GRAN ESFORZO QUE FIXESTES AS FAMILIAS E, EN ESPECIAL, OS ALUMNOS E ALUMNAS, PARA INTENTAR NORMALIZAR A SITUACIÓN.
DESEXÁMOSVOS MOITA SAÚDE PARA ESTE VINDEIRO 2021 E QUE COMO SE SOE DICIR, QUE DE HOXE NUN ANO... ESTA SITUACIÓN SEXA UN MAL RECORDO, AINDA QUE, ISO SI, NOS DEIXE UNHA APRENDIZAXE DE VIDA.
BO NADAL E FELIZ 2021!