Gallego

G1501072: Mantemento de electrodomésticos de gama branca e marrón

Summary: 

Actividade en rede para o profesorado de FP de electricidade e electrónica, onde se iniciará ao profesorado na reparación dos principais electrodomésticos do fogar.
Gallego

Este curso é unha das novidades do plan anual de formación do profesorado da familia de electricidade e electrónica no presente curso 2015-16. Nel comezase por describir a estrutura eléctrica, electromecánica  electrónica dos principais electrodomésticos do fogar, tanto os de gama marrón (equipos audiovisuais) coma os de gama branca (lavadoras, lavalouzas, vitrocerámicas..etc). A continuación tentarase capacitar nas competencias de reparación/mantemento básicas dos principales electrodomésticos do fogar.

Xa que o titor non fala galego, a actividade desenvolverase en castelán. No caso de que no futuro houbera mais edicións, tentaríase traducir a aula virtual e a guía didáctica.

 

 

Data de comezo: 7/10/2015

Data de finalización: 4/11/2015

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 25

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-...

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=204

Mantemento de electrodomésticos de gama branca e marrón
Mantemento de electrodomésticos de gama branca e marrón

G1501078: Uso de Java na Programación Orientada a Obxectos

Summary: 

Actividade en rede para o profesorado de FP de Informática e Comunicacións, onde se iniciará ao profesorado na programación orientada a obxectos coa linguaxe Java.
Gallego

Este curso é unha revisión da actividade ofertada no plan anual anterior do curso 2014-15 e titulada: Programación orientada a obxectos con Java. Iniciación. A actividade é a mesma pero revisou á alza a duración ata as 50 horas.

Xurde como resposta á necesidade de contar cos fundamentos da linguaxe de programación orientada a obxectos Java para poder posteriormente abordar outras temáticas relacionadas, como por exemplo a programación de aplicacións web e a das aplicacións para o sistema operativo Android.

 

Data de comezo: 5/10/2015

Data de finalización: 13/12/2015

Lugar de celebración: Platega

Número de horas totais: 50

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-...

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.es/platega2/course/view.php?id=194

Java na POO
Uso de Java na Programación Orientada a Obxectos

G 1501066 Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática

Summary: 

Curso en rede do 5 de outubro ao 1 de decembro de 2015
Gallego

A partires do vindeiro 5 de outubro  iniciarase un curso en rede programado para profesorado da familia de Administación e Xestión “Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática”

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática de contabilidade NominaSol , así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase durante 8 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a  titora  propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que a titora estableza.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66983

Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática
Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática

Plan Anual de Formación do profesorado de Formación Profesional

Summary: 

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado de Formación Profesional do curso 2015/2016
Gallego

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do profesorado de Formación Profesional  do curso 2015/2016. Premendo sobre a imaxe accedese a toda a información. Pódese consultar directamente os diferentes apartados nas seguintes ligazóns:

 

1. Introdución

2. Normas xerais

3. Convocatorias

4. Actividades de formación

Plan Anual de Formación do profesorado de Formación Profesional
Plan Anual de Formación do profesorado de Formación Profesional

Plan Anual de Formación do Profesorado

Summary: 

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016
Gallego

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016. Premendo sobre a imaxe accedese a toda a información. Pódese consultar directamente os diferentes apartados nas seguintes ligazóns:

 

1. Normas xerais

2. Convocatorias

3. Erasmus +

4. Formación en centros

5. Actividades a desenvolver polo CAFI

6. Actividades a desenvolver polo CFR da Coruña

7. Actividades a desenvolver polo CFR de Ferrol

8. Actividades a desenvolver polo CFR de Lugo

9. Actividades a desenvolver polo CFR de Ourense

10. Actividades a desenvolver polo CFR de Pontevedra

11. Actividades a desenvolver polo CFR de Vigo

12. Inscrición nas actividades

13. Enderezos de interese

Plan Anual de Formación do Profesorado
Plan Anual de Formación do Profesorado

S1503008 "Creatividade musical aplicada

Summary: 

Curso do plan de formación de Ensinanzas de réxime especial para profesorado de música e de conservatorios
Gallego

Obxectivos:

  • Dotar aos asistentes das ferramentas técnicas básicas necesarias para compoñer e improvisar melodias, harmonias e ritmos aplicados á aula en diferentes estilos musicais.
  • Fomentar a análise crítica sobre as propias prácticas para propiciar os cambios que sexan necesarios tendentes á mellora do ensino.
  • Interesarse por novos materiais musicais aplicandoos aos diferentes niveis do ensino da música, na busca dunha maior calidade no ensino

 

Data de comezo: 7 de setembro

Data de finalización: 10 setembro

Lugar de celebración: CMUS de Santiago

Horario: de 10 a 14h

Número de horas totais:16

Enlace a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=66989

Enlace a Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=607

creatividade musical aplicada
creatividade musical aplicada

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

Summary: 

Orde do 12 de xuño de 2015
Gallego

Xúntase a Orde do 12 de xuño de 2015 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015.

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 10 días naturais de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 10 días naturais de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

 1. Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería, e na Inspección educativa.

 2. Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.

 Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.

Documentación necesaria

 a) Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.

b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.

c) Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.

d) Memoria explicativa dos motivos polos que se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.

Máis información

Correo electrónico: reintegros.fprofe@edu.xunta.es

Tl.: 981 546 515/ 881 997 635

Servizo de Formación do Profesorado

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015
Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015