G 1501066 Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática

Curso en rede do 5 de outubro ao 1 de decembro de 2015
Ven, 18/09/2015 - 12:15
Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática
Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática

A partires do vindeiro 5 de outubro  iniciarase un curso en rede programado para profesorado da familia de Administación e Xestión “Confección de nóminas e seguros sociais con aplicación informática”

Os obxectivos deste curso inclúen coñecer a aplicación informática de contabilidade NominaSol , así como o seu manexo mediante a resolución de supostos prácticos.

A actividade estenderase durante 8 semanas. Durante ese tempo deberanse completar as tarefas que a  titora  propoña. Como axuda estarán dispoñibles a través do email e dos foros para contestar dúbidas e resolver problemas, e ademais haberá documentación de axuda colgada na mesma aula virtual. Para recibir a certificación correspondente, debe facerse correctamente o mínimo das tarefas que a titora estableza.
Como é un curso en rede, cada participante pode conectarse á aula virtual no tempo e horario que considere oportuno.

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66983