Gallego

Formación das estruturas de formación do profesorado

Summary: 

Formación das estruturas de formación do profesorado
Gallego

A Rede de Formación Permanente do Profesorado reuniuse en Sanxenxo os pasados días 10 e 11 de decembro para facer unha posta en común do traballo elaborado sobre o novo modelo competencial da función docente. Durante estas dúas xornadas presentouse o resultado deste esforzo conxunto que definirá o marco no que basear unha nova concepción da formación do profesorado.

Formación das estruturas de formación do profesorado
Formación das estruturas de formación do profesorado

O modelo experimental da FP dual en Galicia

Summary: 

Curso do Plan Anual 2015-16
Gallego

Os videiros días 30 de novembro e 1 de decembro , en horario de 16:30 a 20:30,   terá lugar no salón de actos do CIFP Compostela a actividade  presencial O modelo experimental da FP dual en Galicia .

Esta é unha actividade  do Plan Anual 2015-16 ,cuxos obexectivos inclúen coñecer o marco normativo da FP dual, coñecer a estrutura dos proxectos de FP dual en Galicia así como elaborar un plan de estudos para un proxecto de FP dual.

Nesta actividade formativa participaran como relatores  asesores da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa , así como o director dun centro educativo con modalidade  de  FP dual e representantes de empresas colaboradoras

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66982

 

FP dual

Seminarios aprobados 2015/2016

Summary: 

Seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016
Gallego

Xuntase arquivo coa relación de seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016

seminarios aprobados

Avaliación de Estadías Formativas en empresas ou institucións para o ano 2015

Summary: 

Publicada a Avaliación de Estadías Formativas en empresas ou institucións para o ano 2015. O número total de estadías avaliadas positivamente foi de 45.
Gallego

 

Acaba de ser publicada a Resolución de avaliación da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2015. Das 50 estadías concedidas, 45 foron avaliadas positivamente. Destas 45, 41 foron realizadas en empresas ou institucións de Galicia. Nas seguintes gráficas pódense consultar os datos máis relevantes desta avaliación.

 

 

Avaliacion estadias formativas

Convocatoria de Proxectos de Formación de FP 2015

Summary: 

Está aberto o prazo para a preinscrición dos interesados na realización dun Proxecto de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP). Do mesmo xeito que no ano anterior, neste curso só haberá unha única convocatoria. O prazo de preinscrición remata o vindeiro día 3 de Novembro.
Gallego

Está publicada a convocatoria de Proxectos de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP) para o curso 2015-16. Esta modalidade de formación se desenvolve nos  propios centros educativos para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado, sendo  os propios solicitantes  os que  deseñan  a actividade. Isto permite dar resposta a necesidades puntuais de formación , detectadas nos distintos  departamentos dos centros educativos, e que non foron cubertas na oferta de cursos do Plan Anual de Formación. Os materiais que se consideren de  calidade, elaborados o finalizar estes proxectos, serán difundidos pola Dirección Xeral de Educación , Formación Profesional e Innovación Educativa.
A convocatoria é idéntica ao do curso pasado.

Resumo

  • Aprobaranse ata 75 proxectos
  • A contía máxima é de 1500€,  e poderá incluír a docencia de persoas expertas, así como material ofimático (ata 200€), bibliográfico (ata 200€) e funxible, sempre xustificándoos debidamente.
  • A duración debe ser de entre 20 e 50 horas. A docencia pode ser de ata o 50% da duración total.
  • Entre 4-12 profesores:
    • funcionarios (non substitutos/as) dalgún dos corpos e especialidades que imparten na FP.
    • dun ou mais centros educativos de niveis non universitarios que impartan ensinanzas de formación profesional.
    • que actualmente impartan docencia en Formación Profesional.
    • que dependan da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Calendario de entrega de documentación

Documento Onde Antes do Observacións
Preinscrición fprofe Pestana: “GT, Seminario, PFC, PFFP” 3/11/2015 A partires do 4/11/15 un/ha asesor/a de formación do CFR/CAFI porase en contacto co/a coordinador/a para ofrecer axuda para a elaboración do proxecto.
Proxecto fprofe e Orixinal no CFR ou CAFI 23/11/2015

O documento se descarga dende: Proxecto

Debe incluír un orzamento xustificado e detallado, e mais unha temporalización onde se especifique, de ser o caso, que sesións corresponden a docencia.

Actas das Reunións fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2016 Cóbrense en fprofe durante o desenvolvemento da actividade, e ao termo se imprimen e asinan polo coordinador para a súa entrega no CFR/CAFI.
Follas de Control de sinaturas CFR ou CAFI 30/05/2016 A folla correspondente a cada reunión descargase de fprofe e, tras o remate da mesma, é asinada por todos os asistentes. Ao termo do proxecto deben entregarse todas no CAFI/CFR.
Memoria final fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2016 O documento se descarga dende: Memoria final
Acta final CFR ou CAFI 30/05/2016 Descárgase de fprofe e debe vir asinado polo Xefe/a de estudos do centro sede, o/a coordinador/a e demais participantes.
Actividade de aplicación directa na aula fprofe 30/05/2016 O/A asesor/a do CFR/CAFI facilitará un documento modelo con exemplos. Deberá estar nun formato editable (.doc ou .odt) e o seu tamaño será inferior a 10MB.
Declaración responsable CFR ou CAFI 30/05/2016 O documento descárgase dende: Declaración responsable
Facturas e Albaráns CFR ou CAFI 30/05/2016 Deben vir con data posterior ao 15/03/2016.

 

  • A selección dos proxectos e a publicación dos proxectos concedidos farase no mes de Decembro de 2015.
  • Posteriormente os asesores de formación do CFR/CAFI poranse en contacto cos/oas coordinadores/as dos proxectos concedidos para acordar unha reunión de asesoramento onde se lles explicaría o procedemento de desenvolvemento do proxecto e as súas tarefas como coordinador/a.
  • As sesións de traballo do grupo, poderán comezar a partires da aprobación do proxecto.

Os participantes nesta actividade, a proposta da Comisión de selección,  recibirán un certificado acreditativo da súa participación no proxecto, onde  constarán o número de horas de traballo  realizadas. Á persoa coordinadora da actividade, poderáselle asignar ata un 30% máis do número de horas correspondentes aos participantes.

Convocatoria PFFP
Proxectos de formación de FP

G1503005: Desenvolvemento da LOMCE: FP básica

Gallego

Data: 

12/11/2015 - 19/11/2015

Lugar: 

Salón de Actos do CIFP Compostela

Horario: 

16:30-20:30

Sección: 

G1503005: Desenvolvemento da LOMCE: FP básica

Summary: 

Nesta actividade preténdese divulgar os aspectos mais salientables, tanto normativos como da posta en práctica, dos ciclos de Formación Profesional Básica, que veñen sendo implantados en Galicia dende o curso pasado.
Gallego

Esta actividade é a primeira edición das dúas previstas no presente plan anual de formación do profesorado de FP 2015-16. Por unha banda preténdese informar ao profesorado das características e normativa reguladora dos ciclos de FP Básica en Galicia. Para iso analizarase o Decreto 107/2014, do 4 de setembro, tentando aclarar aqueles aspectos que poidan resultar mais confusos.

Ademais, tamén se quere ofrecer unha visión da problemática a que se enfrenta e características específicas do traballo do docente que imparte nestos ciclos.

O horario previsto para esta actividade é de dúas sesións os xoves 12 e 19 de Novembro de 16:30 a 20:30. Xa que esta é unha actividade de tipo centralizada, segundo o artigo 19.1 da Orde do 7 de abril de 2008 (DOG 23/4/2008) :

A admisión a estas actividades implica o permiso para asistir a elas. Este permiso seralles notificado á inspección educativa e á dirección do centro.

 

Data de comezo: 12/11/2015

Data de finalización: 19/11/2015

Lugar de celebración: Salón de Actos do CIFP Compostela

Número de horas totais: 8

Ligazón a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=66975

 

FP Básica
FP Básica

Formación pedagóxica e didáctica a efectos de docencia para ensinanzas de Formación Profesional

Gallego

O sábado día 26 de setembro celebrarase na EGAP a Xornada inicial da Formación pedagóxica e didáctica a efectos de docencia para ensinanzas de Formación Profesional, para o profesorado de formación profesional que non pode acceder á realización do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas.

Formación pedagóxica e didáctica a efectos de docencia para ensinanzas de Formación Profesional
Formación pedagóxica e didáctica a efectos de docencia para ensinanzas de Formación Profesional

File: 

G1501078: Uso de Java na Programación Orientada a Obxectos

Gallego

Data: 

05/10/2015 - 13/12/2015

Lugar: 

Platega

Sección: 

G1501072: Mantemento de electrodomésticos de gama branca e marrón

Gallego

Data: 

07/10/2015 - 04/11/2015

Lugar: 

Platega

Sección: