Convocatoria de Proxectos de Formación de FP 2015

Está aberto o prazo para a preinscrición dos interesados na realización dun Proxecto de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP). Do mesmo xeito que no ano anterior, neste curso só haberá unha única convocatoria. O prazo de preinscrición remata o vindeiro día 3 de Novembro.
Ven, 23/10/2015 - 13:28
Convocatoria PFFP
Proxectos de formación de FP

Está publicada a convocatoria de Proxectos de Formación para o profesorado de Formación Profesional (PFFP) para o curso 2015-16. Esta modalidade de formación se desenvolve nos  propios centros educativos para favorecer e estimular o traballo en equipo do profesorado, sendo  os propios solicitantes  os que  deseñan  a actividade. Isto permite dar resposta a necesidades puntuais de formación , detectadas nos distintos  departamentos dos centros educativos, e que non foron cubertas na oferta de cursos do Plan Anual de Formación. Os materiais que se consideren de  calidade, elaborados o finalizar estes proxectos, serán difundidos pola Dirección Xeral de Educación , Formación Profesional e Innovación Educativa.
A convocatoria é idéntica ao do curso pasado.

Resumo

  • Aprobaranse ata 75 proxectos
  • A contía máxima é de 1500€,  e poderá incluír a docencia de persoas expertas, así como material ofimático (ata 200€), bibliográfico (ata 200€) e funxible, sempre xustificándoos debidamente.
  • A duración debe ser de entre 20 e 50 horas. A docencia pode ser de ata o 50% da duración total.
  • Entre 4-12 profesores:
    • funcionarios (non substitutos/as) dalgún dos corpos e especialidades que imparten na FP.
    • dun ou mais centros educativos de niveis non universitarios que impartan ensinanzas de formación profesional.
    • que actualmente impartan docencia en Formación Profesional.
    • que dependan da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Calendario de entrega de documentación

Documento Onde Antes do Observacións
Preinscrición fprofe Pestana: “GT, Seminario, PFC, PFFP” 3/11/2015 A partires do 4/11/15 un/ha asesor/a de formación do CFR/CAFI porase en contacto co/a coordinador/a para ofrecer axuda para a elaboración do proxecto.
Proxecto fprofe e Orixinal no CFR ou CAFI 23/11/2015

O documento se descarga dende: Proxecto

Debe incluír un orzamento xustificado e detallado, e mais unha temporalización onde se especifique, de ser o caso, que sesións corresponden a docencia.

Actas das Reunións fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2016 Cóbrense en fprofe durante o desenvolvemento da actividade, e ao termo se imprimen e asinan polo coordinador para a súa entrega no CFR/CAFI.
Follas de Control de sinaturas CFR ou CAFI 30/05/2016 A folla correspondente a cada reunión descargase de fprofe e, tras o remate da mesma, é asinada por todos os asistentes. Ao termo do proxecto deben entregarse todas no CAFI/CFR.
Memoria final fprofe e CFR ou CAFI 30/05/2016 O documento se descarga dende: Memoria final
Acta final CFR ou CAFI 30/05/2016 Descárgase de fprofe e debe vir asinado polo Xefe/a de estudos do centro sede, o/a coordinador/a e demais participantes.
Actividade de aplicación directa na aula fprofe 30/05/2016 O/A asesor/a do CFR/CAFI facilitará un documento modelo con exemplos. Deberá estar nun formato editable (.doc ou .odt) e o seu tamaño será inferior a 10MB.
Declaración responsable CFR ou CAFI 30/05/2016 O documento descárgase dende: Declaración responsable
Facturas e Albaráns CFR ou CAFI 30/05/2016 Deben vir con data posterior ao 15/03/2016.

 

  • A selección dos proxectos e a publicación dos proxectos concedidos farase no mes de Decembro de 2015.
  • Posteriormente os asesores de formación do CFR/CAFI poranse en contacto cos/oas coordinadores/as dos proxectos concedidos para acordar unha reunión de asesoramento onde se lles explicaría o procedemento de desenvolvemento do proxecto e as súas tarefas como coordinador/a.
  • As sesións de traballo do grupo, poderán comezar a partires da aprobación do proxecto.

Os participantes nesta actividade, a proposta da Comisión de selección,  recibirán un certificado acreditativo da súa participación no proxecto, onde  constarán o número de horas de traballo  realizadas. Á persoa coordinadora da actividade, poderáselle asignar ata un 30% máis do número de horas correspondentes aos participantes.