Gallego

Illustrator. Vectorización para preimpresión gráfica, artística e industrial

Summary: 

L1601006 Illustrator. Vectorización para preimpresión gráfica, artística e industrial é unha actividade a desenvolver na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
Gallego

L1601006 Illustrator. Vectorización para preimpresión gráfica, artística e industrial é unha actividade a desenvolver do 12 ao 16 de setembro na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo e está dirixida ao profesorado de Artes Plásticas e Deseño.

Obxectivos

  1. Aprender nocións de vectorización na preimpresión para a arte gráfica.
  2. Saber elixir o mellor formato de arquivo, soporte de papel e técnica de impresión, para conseguir nitidez e calidade nos resultados.
  3. Saber como atallar os problemas de reprodución máis habituais con recursos á altura do fluxo de traballo do deseñador.

Contidos

  • Elaboración de orixinais vectorizados para a preimpresión e para o seu reporte cara a distintas matrices de estampación: fotopolímero, pantallas de serigrafía, pranchas calcográficas etc.
  • Erros clásicos de impresión. Acabado e encadernado.
  • Traballo con imaxes. Vector fronte a píxel. Calidades e vantaxes.
  • A resolución: diferenzas entre resolución nas imaxes e resolución de dispositivo de saída.
  • A profundidade da cor nas imaxes. Os formatos de arquivo.
  • Traballo con tintas. Cores de proceso fronte a tintas planas (CMYK fronte a Patróns). A cuatricromía.
  • Traballar con tintas planas. Tintas translúcidas e tintas opacas.
  • Interacción: Adobe Indesign e Adobe Photoshop.
  • A xeración de arquivos no formato PDF.

Inscrición a través de fprofe.

Documentación e máis información no curso creado na Aula Virtual do CFR de Lugo: https://goo.gl/rUAdYi

 

Illustrator. Vectorización para preimpresión gráfica, artística e industrial

S1601018 Encamiñamento e conmutación

Summary: 

Curso presencial do Plan Anual de Formación Profesional que se celebrará en Santiago de Compostela do 5 ao 9 de setembro.
Gallego

Referencia: S1601018

Temporalización: 05/09/2016 - 09/09/2016

Data límite de inscrición en fprofe: 11/07/2016

Lugar: IES San Clemente (Santiago de Compostela)

Prazas: 24

Horas: 30 (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:30, de luns a xoves; o venres unicamente de 10:00 a 14:00)

Destinatarios:

  • Ciclos formativos
  •   + Informática e comunicacións
        # Ciclos formativos de grao medio
          - CMIFC01 - Sistemas microinformáticos e redes
            * MP0224 - Sistemas operativos en rede
            * MP0225 - Redes locais
            * MP0227 - Servizos en rede
        # Ciclos formativos de grao superior
          - CSIFC01 - Administración de sistemas informáticos en rede
            * MP0369 - Implantación de sistemas operativos
            * MP0370 - Planificación e administración de redes
            * MP0374 - Administración de sistemas operativos
            * MP0375 - Servizos de rede e internet
            * MP0379 - Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede
          - CSIFC02 - Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
            * MP0483 - Sistemas informáticos
          - CSIFC03 - Desenvolvemento de aplicacións web
            * MP0483 - Sistemas informáticos
        # Formación Profesional Básica
          - CBIFC01 - Informática e comunicacións
            * MP3016 - Instalación e mantemento de redes para transmisión de datos

Corpos e especialidades:

511107 - Catedráticos de ensino secundario. Informática

590107 - Profesores de ensino secundario. Informática

591227 - Profesores técnicos de formación profesional. Sistemas e aplicacións informáticas

Obxectivos:

1.Analizar e practicar co encamiñamento básico convencional e con mecanismos NAT.

2.Practicar a configuración e posta en explotación de protocolos de encamiñamento dinámico. RIPv2.

3.Practicar a configuración de conmutadores básicos xestionables.

Contidos:

1.Encamiñamento básico convencional.

2.Redirección.

3.Encamiñamento con NAT.

4.Encamiñamento con regras e métricas estáticas.

5.Protocolos de encamiñamento dinámico. RIPv2.

6.Subnetting.

7.Conmutación.

Relator: Benjamín Lois Salgado

Asesor da actividade: Ignacio Rodiño Caramés (nachorodino@edu.xunta.es)

S1601018_encaminamento
S1601018_encaminamento

S1601023 Realización de videoproxeccións en vivo para eventos

Summary: 

Curso de video-mapping
Gallego

O curso abordará o coñecemento de todo o proceso tanto creativo como técnico para a realización de proxeccións audiovisuais en vivo para diferentes tipos de eventos como espectáculos musicais, obras de teatro, sesións de vídeo disc-jockey, presentacións de marca ou produto, exhibicións de videomapping etc..

- Planificación, coñecemento tanto do proceso creativo como técnico e fluxo de traballo para desenvolver un espectáculo audiovisual en directo.

- Análise e manexo do software RESOLUME AREA para a realización en directo de videoproxeccións e videomapping.

- Análise do hardware necesario para un correcto funcionamento do software en eventos en vivo.

 

O curso terá lugar no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela e o horario provisional do curso é:

- Luns 5 de setembro de 10 a 14 horas.

- Martes 6 de setembro de 10 a 14 e de 15,30 a 19,30 horas.

- Mércores 7 de setembro de 10 a 14 e de 15,30 a 19,30 horas.

A inscrición terá lugar en www.edu.xunta.gal/fprofe ata o 11 de xullo.

videomapping
videomapping

S1601011 Bomba de calor aire-aire

Summary: 

Curso presencial de 20 horas que se celebrará no CIFP de Coroso (Ribeira) na semana do 5 ao 9 de setembro. Inscríbete en fprofe ata o 11/07/16
Gallego

Referencia: S1601011
Temporalización:  05/09/2016  -  09/09/2016
Data límite de inscrición: 11/07/2016
Lugar: CIFP Coroso (Ribeira)
Prazas:  20 -  Horas:  20 (en horario de mañá)

Destinatarios:

  • Ciclos formativos
  •   + Instalación e mantemento
        # Ciclos formativos de grao medio
          - CMIMA01 - Instalacións frigoríficas e de climatización
          - CMIMA02 - Instalacións de produción de calor
        # Ciclos formativos de grao superior
          - CSIMA01 - Desenvolvemento de proxectos de instalacións térmicas e de fluídos
          - CSIMA02 - Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

Corpos e especialidades:

511113 - Catedráticos de ensino secundario. Organización e proxectos sistemas enerxéticos

590113 - Profesores de ensino secundario. Organización e proxectos sistemas enerxéticos

591205 - Profesores técnicos de formación profesional. Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluidos

Obxectivos:

1.Analizar os distintos tipos de bombas de calor actuais.

2.Coñecer e diagnósticas os tipos de avarías comúns nas bombas de calor aire aire.

3.Realizar o mantemento das bombas de calor aire aire.

Contidos:

1.Funcionamento das bombas de calor aire-aire.

2.Estudo das características principais dos seus elementos fundamentais.

3.Estudo das anomalías e avarías mais frecuentes, derivadas da súa montaxe, operación e mantemento.

4.Realización dunha práctica demostrativa contemplada no apartado anterior.

Relator: Juan Manuel Franco Lijó

Asesor da actividade: Xosé Antón Vicente Rodríguez (antonvicente@edu.xunta.es)

S1601011 - Bomba de calor aire aire
S1601011 - Bomba de calor aire aire

1503006: Información e orientación profesional 2016

Summary: 

Do 2 ao 9 de marzo no CFR da Coruña.
Gallego

Información e Orientación Profesional 2016

Forma de participación: Presencial

Modalidade: Encontros

Referencia: C1503006

Centro de formación e recursos: A Coruña

Temporalización: 02/03/2016 - 09/03/2016

Data límite de inscrición: 30/09/2015

Lugar: A Coruña - Centro de Formación e Recursos (CFR) A Coruña. Rúa Pepín Rivero (Edificio UNED). 15011 A Coruña. Aula de Audiovisuais. 3º Andar. 

Prazas: 30

Observacións prazas: Ciclos formativos, Orientadores de Centros de Secundaria e de Centros Integrados de Formación Profesional.

Horas totais: 8. Horas presenciais: 8 Horas non presenciais: 0

Destinatarios: Ciclos formativos

Corpos e especialidades 511 - Catedráticos de ensino secundario 590 - Profesores de ensino secundario 591 - Profesores técnicos de formación profesional

Obxectivos

1. Coñecer a actualidade da ordenación da FP.

2. Coñecer os itinerarios académicos e formativos da FP.

3.Analizar a relación FP - empresa.

Contidos 

1.Actualidade da ordenación de FP.

2.Itinerarios académicos e formativos.

3.Relación FP - empresa.

Horario

Día Horas Duración Observacións

02/03/2016 17:00 - 19:00 2.0 horas Relator: José Manuel Rodríguez Buján. Xefe de servizo de Ordenación e Formación Profesional.

02/03/2016 19:00 - 21:00 2.0 horas Relatora: Mª Carmen Rey Castro Asesora de Formación en Centros de Traballo.

09/03/2016 17:00 - 19:00 2.0 horas Emilia Lamelas Fariña

09/03/2016 17:01 - 18:01 1.0 horas Covadonga López López

09/03/2016 17:02 - 18:02 1.0 horas Santiago Álvarez Iglesias

09/03/2016 18:00 - 19:00 1.0 horas José Luis Souto

09/03/2016 19:00 - 20:00 1.0 horas Mª Dolores Vázquez

09/03/2016 20:00 - 21:00 1.0 horas Noa González Patiño

Asesor responsable da actividade Asesor: PENELAS-CORTÉS BELLAS, MARÍA MONTSERRAT

Enderezo Electrónico: mpenelas@edu.xunta.es

Enlace á aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual2/course/view.php?id=370

Información e orientación profesional 2016
Información e orientación profesional 2016

Convocatoria de Estadías Formativas 2016

Summary: 

Ata o vindeiro día 29 de febreiro estará aberta a preinscrición ás Estadías Formativas 2016 para todo o profesorado de FP e das artes plásticas e deseño.
Gallego

Ata o vindeiro día 29 de febreiro, está aberto o prazo de preinscrición da modalidade formativa  Estadías Formativas en Empresas. Esta convocatoria está dirixida unicamente ao profesorado funcionario de Formación Profesional inicial, e de Artes plásticas e Deseño.

O profesorado substituto non pode participar nesta modalidade formativa. Os interinos si.

As Estadías Formativas, brindan ao profesorado a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e da realidade do seu sector, colaborando cunha empresa do seu ámbito profesional. Existen tres tipos:

Temporalización

O período de realización das estadías comprende dende o 11 de abril de 2016 ata o 9 de setembro, sen incluír o mes de agosto (agás casos excepcionais). Nese intervalo, o profesorado debe consensuar coa empresa o seu horario, dentro dos seguintes límites:

  • A duración mínima das estadías é un total de 40 horas e a duración máxima 160 horas.
  • Como mínimo as sesións diarias deben ser de 4 horas interrompidas e o máximo é de 8 horas.
  • Deben facerse como mínimo dúas sesións por semana.
  • A temporalización proposta non debe interferir coa das actividades lectivas. Deben facerse fóra do horario lectivo.

Solicitude

O profesorado interesado debe solicitar a súa participación a través de fprofe, no apartado GT,SP,PFAC,PFFP. Cada interesado/a deberá solicitala súa preinscrición poñendo a modalidade na que está interesado, o CFR ou CAFI da súa área xeográfica, e premendo no botón Presentar.

É importante decatarse que o botón de gravar só serve para almacenar unha copia de borrador, pero non se completa a solicitude de preinscrición ata premer en Presentar.

Posteriormente e sempre tras o remate do prazo de preinscrición a persoa interesada, deberá entregar no CFR ou CAFI correspondente, a solicitude de inscrición segundo o seguinte modelo.

  1. O prazo para facer a preinscrición é ata o próximo día 29 de febreiro (incluído).

  2. O prazo para entregar a inscrición no CFR ou CAFI correspondente é ata o próximo día 11 de marzo (incluído).

  3. Nos últimos días do mes de marzo publicarase no apartado de Estadías formativas da páxina web da Subdirección xeral de FP, a listaxe de solicitudes seleccionadas para realizar as estadías e o importe da axuda concedida para a mesma.

  4. Por último, os asesores de formación de profesorado, porase en contacto cos beneficiarios/as para ofrecerlles asesoramento.

Certificación

Ao termo de cada estadía, o profesorado participante deberá entregar ao asesor/a de formación que o asesore e a través de fprofe:

  • unha memoria final, resumindo a súa experiencia.
  • unha actividade de aplicación directa na aula, na que aplique o aprendido no ensino dalgún módulo con atribución para a súa especialidade.
  • Os xustificantes dos gastos de desprazamento: billetes, tíckets, etc.

Tras o remate da presente convocatoria de estadías formativas, a Comisión de selección avaliará a documentación e informes presentados, e decidirá o número de horas de formación que deberán certificarse por cada estadía, cun máximo de 3 horas de formación por cada 10 horas de estadía. Por exemplo, para o caso dunha estadía de 160 horas, como máximo poderán certificarse 160·0.3 = 48 horas.

Máis información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa

Estadías formativas en empresas

G1501058 - Despregue e administración remota e centralizada de sistemas operativos

Summary: 

Curso na Rede de 30 horas dentro da plataforma Platega2 a realizar no terceiro trimestre do curso 2015/16
Gallego

Referencia: G1501058
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  3º trimestre, Curso académico 2015/2016
Data límite de inscrición: 14/03/2016
Lugar: Na Rede
Prazas:  25

Obxectivos

1.Crear arquivos de instalación desatendida para sistemas libres e propietarios. Instalar sistemas operativos de xeito desatendido dende diferentes medios: local e por rede.

2.Configurar servizos de creación e replicación de imaxes de disco con sistemas libres e propietarios. Xestionar ferramentas de instalación remota de software.

3.Executar remotamente comandos en equipos GNU/Linux.

Contidos

1.Instalacións desatendidas (ADK, WSIM, autounattend, ciclos de instalación de Windows, kickstart, preseed), Windows Deployment Services, Sysprep.

2.Imaxe de disco. Clonezilla. Repositorio de imaxes. Clonado Multicast. Servizo centralizado de clonado: FOG. Distribución de software con OPSI. Execución masiva de comandos en GNU-Linux.

 

Acceso á ficha do curso: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=ve...

Titor: Daniel Medina Méndez

Coordinador da actividade: Xosé Antón Vicente Rodríguez (antonvicente@edu.xunta.es)

despregue
despregue