S1601023 Realización de videoproxeccións en vivo para eventos
O curso abordará o coñecemento de todo o proceso tanto creativo como técnico para a realización de proxeccións audiovisuais en vivo para diferentes tipos de eventos como espectáculos musicais, obras de teatro, sesións de vídeo disc-jockey, presentacións de marca ou produto, exhibicións de videomapping etc..
- Planificación, coñecemento tanto do proceso creativo como técnico e fluxo de traballo para desenvolver un espectáculo audiovisual en directo.
- Análise e manexo do software RESOLUME AREA para a realización en directo de videoproxeccións e videomapping.
- Análise do hardware necesario para un correcto funcionamento do software en eventos en vivo.
O curso terá lugar no IES Xelmírez I de Santiago de Compostela e o horario provisional do curso é:
- Luns 5 de setembro de 10 a 14 horas.
- Martes 6 de setembro de 10 a 14 e de 15,30 a 19,30 horas.
- Mércores 7 de setembro de 10 a 14 e de 15,30 a 19,30 horas.
A inscrición terá lugar en www.edu.xunta.gal/fprofe ata o 11 de xullo.