Gallego

S1701018: Robótica e visión artificial

Summary: 

Actividade formativa destinada ao profesorado de FP que imparte no ciclo superior de mecatrónica industrial, de automatización e robótica industrial ou no de programación da produción en fabricación mecánica, sobre o manexo do robot industrial multipropósito ABB IRB120 co que os centros educativos onde impártense estes ciclos foron dotados.
Gallego

O curso consta de dúas partes:

  • unha parte teórica, onde se repasan os aspectos básicos da configuración e funcionamento dos robots manipuladores e do equipo de visión artificial.
  • e outra práctica, onde ponse en práctica o aprendido, traballando con software de simulación e programación dos robots e mais con equipamento real.

Será impartido por un técnico especialista da empresa ABB, fabricante do robot ABB IRB120 e do software robotstudio nos que o curso está enfocado específicamente.

 

Data de comezo:  3/7/2017

Data de finalización: 7/7/2017

Lugar de celebración: Taller 5 do IES Macías O Namorado (Padrón)

Número de horas totais: 30

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78309

Robotica_vision
Captura do sofware Robotstudio de ABB

S1702007: Xornadas do profesorado de comercio e márketing. Curso 2017-2018

Summary: 

Por primeira vez celebrarase no CAFI unhas xornadas destinadas ao profesorado da familia profesional de comercio e márketing. Nelas, ademais de asistir a conferencias coas novidades do sector, os participantes terán ocasión de encontrarse para debater sobre a situación actual das ensinanzas desta familia.
Gallego

 

O principal obxectivo destas xornadas é fixar un punto de encontro entre todo o profesorado da familia profesional de comercio e márketing de Galicia, para fomentar a colaboración e para poder compartir as boas prácticas.

As Xornadas comezarán ás 9:00 no salón de actos do CIFP Compostela, cando terá lugar a presentación das mesmas. A continuación e ata ás 14:00, haberá diversas conferencias que tocarán as novidades e as diversas temáticas demandadas polo profesorado desta familia profesional. Ás 11:20 haberá un breve descanso nos que os asistentes serán invitados a un café no CAFI.

Despois dun tempo onde todos os participantes poderán comer na cafetería do IES Lamas de Abade, as Xornadas continuarán no salón de actos do CIFP Compostela ás 16:00. As xornadas rematarán ás 19:00 tras unha mesa redonda onde se tentará analizar a situación actual do ensino dos ciclos desta familia profesional en Galicia.

 

9:00-9:20 Presentación
9:20-10:20 A transformación dixital do comercio
10:20-11:20 Medios de pagamento
Descanso
12:00-13:00 Xestión comercial
13:00-14:00 Emprendemento dixital e relacional
Comida
16:00-17:25 Configuración dunha tenda de comercio electrónico con Prestashop
17:25-19:00 Mesa redonda e clausura

 

Data de comezo:  11/9/2017

Data de finalización: 11/9/2017

Lugar de celebración: Salón de actos do CIFP Compostela

Número de horas totais: 8

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78320

Ligazón á aula virtual: https://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual2/course/view.php?id=876

Xornadas de COM

S1701016: Lean Startup. Fundamentos, deseño e validación do modelo de negocio

Summary: 

Curso de formación de carácter transversal a todo o profesorado de Formación Profesional. Pode clasificarse no eido temático da formación para que o profesorado poida fomentar o emprendemento entre o alumnado de formación profesional.
Gallego

O curso pretende explicar a metodoloxía Lean Startup para deseñar e avaliar un novo proxecto empresarial. O curso será impartido por un especialista da empresa Craftium Consultores.

Estará organizado en 4 sesións presenciais no CAFI en horario de mañá, de 10:00 a 14:00, mais unha fase non presencial que equivale a catro horas de formación. A fase non presencial consistirá na redacción e entrega por parte dos participantes, dun caso práctico relativo á definición e validación dun modelo de negocio proposto polo relator. A correcta realización deste traballo e a súa entrega dentro dos prazos acordados co relator, serán necesarios para poder superar o curso. 

 

Data de comezo:  7/7/2017

Data de finalización: 12/7/2017

Lugar de celebración: Aula 1.09 do CAFI

Número de horas totais: 20

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78302

Lean startup

S1701011 - Deseño e fabricación de mobles con Polyboard

Summary: 

Polyboard é un software para facer deseños de mobles e proxectos (por exemplo: unha cociña enteira). Curso de 25 horas no CAFI do 10 ao 13 de xullo.
Gallego

Código actividade: S1701011

20 prazas

25 horas

Temporalización: 10, 11 e 12 de xullo (de 9 a 15 horas) e 13 de xullo (de 9 a 16 horas). No horario do xoves 13 está incluída unha visita á empresa TOGAR COCINAS, de SANTIAGO (visita de 2-3 horas).

Relator: Francisco Martín Martín (Empresa SICAM)

Corpo/Especialidade:

511123 - Procesos e produtos en madeira e moble

590123 - Procesos e produtos en madeira e moble

591204 - Fabricación e instalación de carpintería e moble

Obxectivos:

Deseñar mobles segundo estancias como salóns, cociñas, baño, dormitorio etc.

Fabricar mobles baseándose nas listas de cortes, mecanizados, listas de materiais etc xerados polo software.

Xerar presupostos tendo en conta o que se definiu no moble (tipo de material, tipo de cantos, tipos de ferraxes etc).

Contidos:

Descrición xenérica das funcións do programa. Deseño dun moble básico.

Personalización do programa. Creación das bibliotecas de materiais de taboleiros e cintas e as de ferraxes e regras de posicionado.

Métodos de fabricación. Gabeta. Tipoloxía. Submétodos para o corpo do moble, o estilo do material e dos cantos, para a división, as ferraxes e os caixóns.

Funcións de deseño. Concepto de programa paramétrico. Facilidade para modificar as dimensións e posicións dos compoñentes, mover e axustar a posición das ferraxes. Tipos de compoñentes interiores como estantes, montantes, divisións libres ou dobres fondos.

Opcións avanzadas de deseño. Caixeado interior. Baleirado. Definición de inclinacións en teitos. Mecanizado de compoñentes, interior, cantos, esquinas. Pezas compostas (estruturas).

Información para fabricación e presuposto. Listas de corte. Informe con vistas do moble, listados e planos acoutados. Etiquetas. Obtención de programas para CNC.

Proxectos. Concepto. Creación de solos e muros. Inserción e posicionado de mobles nun proxecto. Acoutación.

Web do programa informático:

http://www.sicam-info.com/polyboard.htm

Asesor encargado da actividade: antonvicente@edu.xunta.es

 

S1701011 -  Deseño e fabricación de mobles con Polyboard
S1701011 - Deseño e fabricación de mobles con Polyboard

S 1701006 O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), unha aproximación práctica

Summary: 

Curso do plan 2017-18
Gallego

O día 10 de xullo comezará o curso “O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF), unha aproximación práctica” programado para o profesorado de Formación Profesional da familia de Administración e Xestión .

Contidos do curso:

1.Rendas exentas e rendas suxeitas, unidade familiar e tributación conxunta, sancións e recargas, IRPF dos arrendamentos.

2.Rendementos de actividades profesionais en estimación directa, rendementos de actividades agrícolas e gandeiras, réxime especial de agricultura gandería e pesca.

3.A obriga de declarar. As obrigas fiscais do comercio minorista. O aprazamento das débedas tributarias. O embargo de soldos e salarios. Retencións e cálculo.

4.As ganancias patrimoniais. Módulos: obrigas fiscais de bares e restaurantes.

5.Reducións, mínimos persoais, plans de pensións, deducións. Supostos prácticos

 

Esta actividade desenvolverase dende o 10 ata o día 14 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e terá lugar nas aulas do CAFI

Enlace a Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78285

curso IRPF
curso IRPF

S1701021 Técnicas luminotécnicas para espectáculos musicais e visuais en vivo

Summary: 

Curso do Plan Anual 2017-18
Gallego

A partir do vindeiro 3 de xullo de 2017 iniciarase un curso programado para profesorado da familias de Imaxe e son “Técnicas luminotécnicas para espectáculos musicais e visuais en vivo”.

Os obxectivos deste curso inclúen:

1.Elaborar memorias por zonas, escenas ou cues, definindo grupos de canles, intensidades e posicións de aparellos de iluminación fixos e robotizados

2.Memorizar na mesa de luminotecnia e en controis accesorios as intervencións de equipamentos especiais, como proxectores láser, flashes estroboscópicos e máquinas de fume

3.Executar en vivo as evolucións de iluminación acordes coa escaleta da sesión de animación músico-visual, sincronizando a entrada de efectos coa música, as actuacións e a proxección de medios visuais, e realizar improvisacións

Temporalización: do 3 ao 5 de xullo

Lugar de celebración: IES Arcebispo Xelmirez. Santiago

Enlace Fprofe:

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=78312

técnicas luminotécnicas
técnicas luminotécnicas

L1703002 - Novas formas de xestión empresarial: a economía circular

Summary: 

Encontros a desenvolver no salón de actos do CFR de Lugo os días 11 e 12 de xullo de 2017
Gallego

Esta actividade ten 12 horas de duración e está dirixida a profesorado de:

  • Bacharelato
  • Ciclos formativos
  • Educación secundaria obrigatoria

Corpos e especialidades

511 - Catedráticos de ensino secundario
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional

Obxectivos

  1. Adquirir coñecementos básicos sobre a economía circular para a súa aplicación na elaboración de proxectos de empresa. Principios da economía circular.
  2. Aplicar a responsabilidade social empresarial como elemento de marketing na empresa.
  3. Utilizar a marca como elemento de calidade das empresas na economía circular.

Contidos

  1. A economía circular: concepto e alcance. Principios da economía circular.
  2. A responsabilidade social empresarial: a súa vantaxe competitiva no mercado.
  3. A marca como elemento diferencial na economía circular.

Relatora

  • Tamara Rodríguez Silva

Máis información

Novas formas de xestión empresarial: a economía circular
Novas formas de xestión empresarial: a economía circular

G1602040: Apaixónate

Gallego

Data: 

13/05/2017

Lugar: 

Salón de actos do CIFP Politécnico de Santiago

Horario: 

De 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00

Sección: 

G1602040: Apaixónate

Summary: 

Xornada formativa de temática transversal ao profesorado de FP, e destinada preferentemente ao profesorado de FP da especialidade de FOL, aos orientadores dos CIFP, aos coordinadores de emprendemento e aos titores de viveiros de empresas dos CIFP.
Gallego

Estas Xornadas foron organizadas pola Subdirección de Formación Profesional, en concreto dentro do Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia eduemprende. Por esta mesma razón, aínda que se considera que a temática pode ser do interese de todo o profesorado, está dirixido principalmente aos orientadores dos centros integrados de Formación Profesional (CIFP), aos titores de viveiros de empresas dos CIFP, aos coordinadores de emprendemento e ao profesorado da especialidade de formación e orientación laboral.

Contará coa participación de persoas relevantes do ámbito non educativo, na formula de conferencias de non mais de 30 minutos. Achégase o programa das Xornadas, no cal poderá apreciarse o variado tanto das temáticas coma do perfil dos relatores.

Data de comezo:  13/5/2017

Data de finalización: 13/5/2017

Lugar de celebración: CIFP Politécnico de Santiago

Número de horas totais: 8

Ligazón a FPROFE:  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=77645

apaixonate