Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

G2402031 Xornadas Olladas no Pasado 2024. Centenario de Xoán Vicente Viqueira

Summary: 

Xohán Vicente Viqueira (1886-1924) no centenario do seu pasamento
Gallego

Estas xornadas están dedicadas a analizar a vida e obra do intelectual Xoán Vicente Viqueira, no ano do centenario do seu falecemento (1924). A través de varias conferencias e mesas redondas vanse abeirar os eidos nos que foron relevantes as achegas de Viqueira: Filosofía, Galeguismo, Pedagoxía, Poesía, Psicoloxía, Tradución...

As exposicións estarán a cargo dun grupo de docentes, investigadores e especialistas relacionados con distintos aspectos da personalidade e contribucións deste autor, ofrecendo unha panorámica dos aspectos específicos, seguidas dun coloquio co público asistente. No remate tamén se presentará un libro sobre Xoán Vicente Viqueira, da autoría do profesor Ramón López Vázquez.

O ciclo é aberto á asistencia libre, mais tamén vai dirixido dun modo especial ó profesorado interesado nesta conmemoración, e esencialmente a quen imparta contidos de Lingua e Literatura Galegas, Filosofía, Pedagoxía, Psicoloxía... en Primaria, na ESO, no Bacharelato ou no ensino universitario. Agárdase que se ofrezan datos, reflexión e diálogo sobre todo o que teña que ver coa figura de Xoán Vicente Viqueira, tamén en relación coas Irmandades da Fala e co movemento galeguista do primeiro terzo do século XX. Para o profesorado haberá un certificado de asistencia de  12 horas (CAFI).

Son un total de seis conferencias e dúas mesas redondas. Nelas trataranse os temas anunciados no Programa destas Xornadas Olladas no Pasado, 2024.

As mesas redondas vanse centrar en dúas temáticas: 1) personalidade, documentación, edicións 2) poesía, traducións.

A monografía que se vai presentar sobre X. V. Viqueira é unha edición centrada en todo o relativo á súa vida, obra e significado.

O conxunto dos relatores participantes aparecen no Programa detallado desta actividade. Esta  terceira edición das Xornadas Olladas no Pasado vai ter lugar na tarde do venres, 22 e mais na xornada do sábado, 23 de novembro, segundo o horario indicado no Programa, no salón de actos do Pazo de San Roque (Santiago de Compostela), cun total de 12 horas de actividade.

Programa:

G2402031  Xornadas Olladas no Pasado 2024. Centenario de Xoán Vicente Viqueira

S2403002 Actualización en didácticas das linguas estranxeiras

Summary: 

Curso dirixido ao profesorado de linguas estranxeiras de todos os niveis educativos.
Gallego

Sábado, 9 de novembro

Relatora: Pilar Couto Cantero

Auditorio Neira Vilas, Biblioteca de Galicia, Cidade da Cultura

Horario: 10 a 14 horas

Xoves, 14 de novembro

Relatora: Pilar Couto Cantero

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Horario: 17 a 21 horas

Mércores, 20 de novembro

Relatora de secundaria/ EOI: Tania Souto

Relatora primaria: Eva Prieto

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Horario: 17 a 21 horas

Mércores, 27 de novembro

Relatora de secundaria/ EOI: Iria Monteagudo

Relatora primaria: Eva Prieto

Escola Galega de Administración Pública (EGAP)

Horario: 17 a 21 horas

Actualización en didácticas das linguas estranxeiras

Día Mundial do Docente

Summary: 

05 de outubro
Gallego

Cada 5 de outubro, celebramos o Día Mundial do Docente, unha data establecida pola UNESCO en 1994.

 ‘É a suprema arte do docente espertar a curiosidade na expresión creativa e coñecemento’

                                                                                       Albert Einstein

Felicidades a todos os docentes no seu día!

Día Mundial do Docente

16 de setembro - Día Europeo das Linguas

Summary: 

Día Europeo das linguas
Gallego

Para conmemorar o Día Europeo das Linguas e celebrar a diversidade lingüística e multicultural, o CAFI, neste primeiro trimestre vai desenvolver un amplo abano de actividades vinculadas tanto ás linguas cooficiais coma ás linguas estranxeiras:

G2403002 - Formación para a solicitude de proxectos plurianuais de centros escolares no Programa Erasmus+

S2401023 - Comunicación eficaz docente

S2401068 - Lingua de signos. Curso básico

S2401104 - Formación para profesorado en inglés. Nivel C1

S2401105 - Formación para profesorado en inglés. Nivel B2

S2401106 - Formación para profesorado en inglés. Nivel C2

S2403002 - Actualización en didácticas das linguas estranxeiras

Animamoste a que lle deas unha ollada, seguro que has atopar algo interesante.

 

 

16 de setembro - Día Europeo das Linguas

S2401005 A comprensión lectora para o éxito escolar

Summary: 

Actividade dirixida a todo o profesorado.
Gallego

Obxectivos:

1.Analizar diferentes estratexias de lectura.

2.Suxerir pautas para promover a lectura e o uso crítico de información entre o alumnado.

3.Explorar distintas formas de lectura e integralas na aula.

Contidos:

1.Estratexias para a formación de lectores competentes.

2.A lectura en diferentes formatos e soportes.

3.Lectura e narrativa transmedia.

4.Recursos para ampliar a lectura.

Calendario:

  • 16/10/2024 17:00 - 20:30 Relator: Juan Manuel do Río Surribas. Aula Nova

  • 23/10/2024 17:00 - 20:30 Relator: Juan Manuel do Río Surribas. Aula Nova

  • 06/11/2024 17:00 - 20:00 Relator: Roi Guitián Martínez. Aula Nova

  • 13/11/2024 17:00 - 20:30 Relator: Juan Manuel do Río Surribas. Aula por definir

  • 20/11/2024 17:00 - 20:30 Relator: Juan Manuel do Río Surribas. Aula Nova

  • 28/11/2024 17:00 - 20:00 Relatora: Montse Pena Presas. Aula Nova

 

Programa do curso
Programa do curso

S2402006 Iniciación ao bádminton no ámbito escolar

Gallego

 

Con esta actividade preténdese ofrecerlle ao profesorado un coñecemento inicial á vez que xeneral do deporte do bádminton, que permita un aproveitamento activo do tempo libre con actividades físicas e de lecer. A sinxeleza dos materiais necesarios para a práctica do bádminton e a adaptabilidade do terreo de xogo ás nosas necesidades, fan deste deporte con implementos un recurso perfecto para desenvolver nos novos alumnos e alumnas a motivación e o interese polos deportes e actividades físicas en xeral. Os obxectivos enmarcados neste curso foron pensados para dotar ao alumnado da técnica e táctica básicas necesarias para resolver con habilidade as situacións prácticas deste deporte. Por último, busca desenvolver nos nenos e nenas, actitudes favorables cara á práctica deportiva, coidando as accións encamiñadas á cooperación, xogo limpo, desinhibido, libre de carga esteriotipada, etc. ademais de dotar aos nosos aprendices de estratexias que permitan a expansión das actividades deportivas máis aló do contexto escolar.

Datos importantes:

  • Data: 16 e 23 de outubro de 2024
  • Horario: de 16:30 a 20:30h
  • Código en  fprofe:  S2402006
  • Relator: Jesús Pereiro Castro
S2402006 Iniciación ao bádminton no ámbito escolar

G2402010 Xornadas internacionais de didáctica da filosofía

Summary: 

Encontros galegos coa lusofonía filosófica
Gallego

Con esta actividades pretendemos daar a coñecer (e reflexionar sobre) os principais modelos didácticos que nos últimos anos teñen influído na ensinanza da filosofía a nivel internacional así como presentar análises comparativas sobre a actual situación do currículo de Filosofía na Ensinanza Secundaria dos países da UE e Latinoamérica; ofrecer un espazo de debate sobre a atención á dimensión didáctica nas Facultades de Filosofía, con especial atención á problemática introducida coa creación en España do Máster de Formación do Profesorado; promover a reflexión sobre a incidencia das Novas Tecnoloxías (TIC) e a Intelixencia Artificial (IA) na sociedade en xeral, e en particular a súa repercusión en relación co ensino da filosofía; presentar experiencias innovadoras relevantes de traballo na aula con contidos asociados coa disciplina filosófica, en todos os niveis educativos e salientar a importancia do ensino da Filosofía en tanto que constitúe un instrumento indispensable na formación dunha cidadanía crítica e autónoma, sen a cal dificilmente podemos falar dunha cidadanía democrática.

Datos importantes:

  • Data: 14, 15 e 16 de novembro de 2024
  • Horario: de 16:30 a 20:30h; de 16:00 a 20:00h e de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h
  • Código en  fprofe:  G2402010
  • Lugar: Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC
G2402010  Xornadas internacionais de didáctica da filosofía

File: 

Cursos de inglés

Summary: 

Queres refrescar o teu inglés?
Cursos do nivel B2, C1 e C2
Gallego

Queres refrescar o teu inglés?

Xa tes coñecementos e queres melloralos?

Tanto se contas cun considerable coñecemento do inglés como se estás case a comezar, podemos axudarche a alcanzar o éxito profesional. A nosa oferta de formación permanente consiste en diveros cursos de distintos niveis a distintos horarios. 

 

Daquela interésanche estes cursos:

  • S2401105 Formación para profesorado en inglés. Nivel B2
    • Horario: luns e xoves de 18:00 a 20:00 horas.
    • Data de comezo: luns, 30 de setembro.

 

  • S2401104 Formación para profesorado en inglés. Nivel C1
    • Horario: luns e mércores de 16:30 a 18:30 horas.
    • Data de comezo: luns, 30 de setembro. 

 

  • S2401106 Formación para profesorado en inglés. Nivel C2
    • Horario: luns e xoves de 16:30 a 18:30 horas.
    • Data de comezo: luns, 30 de setembro
Cursos de inglés

Oposicións 2024.

Summary: 

Aprobados nas diversas especialidades
Gallego

Moitos parabéns aos aprobados con praza neste proceso selectivo de 2024!

E para todos aqueles e aquelas que quedastes ás portas non tiredes a toalla e para adiante! Xa tedes moito camiño percorrido!

Aos que comezades nesta andaina cargádevos de enerxía e esforzo, non hai nada imposible!

Moito ánimo  e moi feliz verán!

Aprobados.