Gallego

G2303014 Roteiro o Seminario de Estudos Galegos en Compostela

Summary: 

Seminario de Estudos Galegos
Gallego

Queres coñecer os puntos principais nos que se desenvolveu a vida e o labor do Seminario de Estudos Galegos en Compostela?

Trátase dun percorrido que comeza no lugar onde se fundou o SEG, en Ortoño, na casa onde viviu Rosalía de Castro e a onde se desprazaron os membros do Seminario para institucionalizar o acto. Seguidamente desprazarémonos a Compostela á rúa Concepción Arenal nº 10, a casa de  Armando Cotarelo Valledor e onde se asinaron os primeiros estatutos. Pasaremos pola  Facultade de Xeografía e Historia, que foi o lugar onde se celebrou a primeira sesión e estivo a primeira sede; polo IES Rosalía de Castro, onde estivo a segunda sede; pola rúa Entremurallas, 8 (Rúa da Senra 8), onde estaba o Hotel Argentin, lugar que acolleu un dos grandes encontros iniciais; o antigo El Asesino, na praza da Universidade onde desenvolveron a homenaxe a Lois Tobío; o lugar onde estivo a Editora Nós na rúa do Vilar; ou o Pazo de Fonseca, onde terá despois a derradeira sede. Pola tarde desenvolveremos unha visita guiada á Esposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura.

  • Relator: Miguel Anxo Seixas Seoane
  • Data: sábado 11 de novembro
  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
  • Código en fprofe: G2303014
O Seminario de Estudos Galegos

G2303014 Roteiro o Seminario de Estudos Galegos en Compostela

Summary: 

Seminario de Estudos Galegos
Undefined

Queres coñecer os puntos principais nos que se desenvolveu a vida e o labor do Seminario de Estudos Galegos en Compostela?

Trátase dun percorrido que comeza no lugar onde se fundou o SEG, en Ortoño, na casa onde viviu Rosalía de Castro e a onde se desprazaron os membros do Seminario para institucionalizar o acto. Seguidamente desprazarémonos a Compostela á rúa Concepción Arenal nº 10, a casa de  Armando Cotarelo Valledor e onde se asinaron os primeiros estatutos. Pasaremos pola  Facultade de Xeografía e Historia, que foi o lugar onde se celebrou a primeira sesión e estivo a primeira sede; polo IES Rosalía de Castro, onde estivo a segunda sede; pola rúa Entremurallas, 8 (Rúa da Senra 8), onde estaba o Hotel Argentina, lugar que acolleu un dos grandes encontros iniciais; o antigo El Asesino, na praza da Universidade onde desenvolveron a homenaxe a Lois Tobío; o lugar onde estivo a Editora Nós na rúa do Vilar; ou o Pazo de Fonseca, onde terá despois a derradeira sede. Pola tarde desenvolveremos unha visita guiada á Esposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura.

  • Relator: Miguel Anxo Seixas Seoane
  • Data: sábado 11 de novembro
  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
  • Código en fprofe: G2303014
Roteiro o Seminario de Estudos Galegos en Compostela

S2302041 Proba de nivel para participar en cursos CALC

Summary: 

Proba de nivel
Gallego

Queres saber o teu nivel de inglés, francés ou portugués?

Tes coñecementos pero non un título?

Pois, esta é a túa oportunidade!!!
Con esta proba poderás pescudar cal é o teu grao de coñecemento e comprensión actual de inglés, francés ou portugués e logo xa te podes apuntar no curso CALC.

  • Data: 30 de novembro
  • Hora: 17:30 h
  • Código en fprofe: S2302041
Proba de nivel para participar en cursos CALC

G2302040 Xornadas Olladas no Pasado 2023. Corenta anos de Lei de Normalización Lingüística

Summary: 

Xornadas Olladas no Pasado 2023. Corenta anos de Lei de Normalización Lingüística
Gallego

Os días 3 e 4 de novembro no Salón de Actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela.

Código en fprofe: G2302040

PROGRAMA

Venres 3

17.00: Apertura das xornadas con representantes do Consello da Cultura Galega, Real Academia Galega, Secretaría Xeral de Política Lingüística e organización das Xornadas.

17.30: Conferencia A Galicia dos anos 1980, a cargo de Daniel Lanero Táboas

18.30: Conferencia A Lei de Normalización Lingüística e a Administración, a cargo de Henrique Monteagudo Romero

19.30: Pausa

19:45: Mesa redonda A xénese e concepción da Lei de Normalización Lingüística no Parlamento de Galicia, coa participación dos exmembros do Parlamento

Xosé Luís Barreiro Rivas

Miguel Barros

Pilar García Negro

Víctor M. Vázquez Portomeñe

Modera: Amancio Liñares

Sábado 4

10.00: Conferencia Linguas minorizadas e dereitos lingüísticos, a cargo de Alba Nogueira

11.00: Conferencia A Lei de Normalización Lingüística e a Empresa, a cargo de Xosé González Martínez

12.00-12.30: Pausa

12.30: Conferencia A Lei de Normalización Lingüística e os Medios de Comunicación, a cargo de Henrique Sanfiz.

16.30: Conferencia A Lei de Normalización Lingüística e o Ensino, a cargo de Manuel Portas.

17.30: Conferencia A Lei de Normalización Lingüística e a Toponimia, a cargo de Gonzalo Navaza.

18.30-19.00: Pausa

19.00: Mesa redonda Lei de Normalización Lingüística: e agora, que?

Elisa Fernández Rei

Pilar Ponte

Esther Estévez

Senén Barro

Modera: Manuel González

20.30: Clausura das Xornadas

Coordinación: Manuel González González e X. Amancio Liñares Giraut

G2302040  Xornadas Olladas no Pasado 2023. Corenta anos de Lei de Normalización Lingüística

S2302010 Integración das novas tecnoloxías no ensino das linguas cooficiais

Summary: 

Novas tecnoloxías para o ensino das linguas
Gallego

Este curso ten como obxectivo presentar unha panorámica, necesariamente xeral e introdutoria, dalgunhas aplicacións das denominadas «novas tecnoloxías» ao ensino das linguas cooficiais. Para iso, abordaremos tres tipos de tecnoloxías: as relacionadas co ensino presencial asistido por computador, as utilizadas na aprendizaxe a distancia a través das redes de comunicación e as tecnoloxías aplicadas ao tratamento do texto e da fala. Para cada unha delas expóñense os fundamentos básicos e algúns exemplos do seu potencial.

Datos importantes:

  • Datas: 22-27 de novembro e 1-4 de decembro de 2023
  • Relator: Carlos Parada
  • Horario: de 17:30 a 21:00h
  • Código en  fprofe:  S2302010
  • Lugar: Santiago de Compostela
Integración das novas tecnoloxías no ensino das linguas cooficiais

G2303006 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Eugénio de Andrade en Porto

Summary: 

Gallego

Eugénio de Andrade, um dos poetas portugueses mais traduzidos, manteve durante grande parte da sua vida uma forte ligação ao Porto.

Embora tenha nascido no Fundão, Eugénio de Andrade (cujo verdadeiro nome era José Fontinhas), viveu no Porto mais de 50 anos, até à sua morte, a 13 de junho de 2005. Chegou ao Porto na década de 50. Nessa altura, e embora já tivesse obras escritas, a sua profissão era inspetor administrativo do Ministério da Saúde e foi nessa condição que, na sequência de uma transferência, veio viver para a cidade. Mais tarde receberia o título de cidadão honorário.

Autor de dezenas de obras que lhe valeram prémios nacionais e distinções internacionais, foi também tradutor de obras de autores como Federico García Lorca  ou Jorge Luís Borges. Entre as diversas antologias poéticas de que foi autor, destaca-se aquela que dedicou ao Porto (Daqui Houve Nome Portugal, 1968). Embora cultivasse fortes relações de amizade com outros escritores e artistas, era discreto. Não gostava de dar entrevistas nem de comparecer a eventos sociais e culturais.

Viveu largos anos no número 111 da Rua Duque de Palmela, mas desde 1994 até à sua morte habitou na Casa Serrúbia, na Rua do Passeio Alegre, na Foz do Douro. Esta casa viria a ser a sede da Fundação Eugénio de Andrade, entretanto extinta. Os seus manuscritos e outra documentação estão atualmente na Sala de Coleções Especiais da Biblioteca Pública Municipal do Porto.

Não muito longe dali, no Cemitério do Prado do Repouso, fica a sepultura de Eugénio de Andrade: uma campa rasa em mármore branco, desenhada pelo amigo Siza Vieira, em que estão escritos versos do seu livro “As Mãos e os Frutos”.

     

    Datos importantes:

    • Data: 14 de outubro de 2023
    • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
    • Código en  fprofe:  G2303006
    • Lugar: Porto
    Roteiro Eugénio de Andrade

    S2302011 Integración das novas tecnoloxías non ensino de linguas estranxeiras

    Summary: 

    Novas tecnoloxías no ensino de linguas estranxeiras.
    Gallego

    Os días 18 e 2 de decembro, teremos unha formación no CAFI sobre a Integración das novas tecnoloxías no ensino de linguas estranxeiras. Contaremos coa participación de Marco Vélez Barreiro, experto en uso e aplicación das TIC na aula de linguas estranxeiras.

    Novas tecnoloxías linguas estranxeiras
    Integración das novas tecnoloxías no ensino delinguas estranxeiras

    G2303001 Actualización en didácticas das linguas estranxeiras

    Summary: 

    Curso de didáctica das linguas estranxeiras.
    Gallego

    Curso dirixido ao profesorado de alemán, francés, inglés, italiano e portugués composto dunha primeira sesión teórica para todas as linguas e, a continuacion unha segunda sesión práctica para cada lingua indivdualmente.

    Datas de realización:

    28 de outubro para todas as linguas no salón de actos do CIFP Compostela.

    4 de novembro para francés, inglés, italiano e portugués no CAFI.

    11 de novembro para o grupo de alemán no CAFI.

    Horario:

    10 - 14 h

    16 - 20 h

    Data límite de inscrición: 18 de outubro

     

     

    Didáctica das LE
    Didáctica das LE

    G2303013 - Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela  

    Summary: 

    Lorca en Compostela
    Gallego

    G2303013 - Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela  

    O Departamento de Linguas do CAFI pon en marcha unha nova actividade que, baixo o título de Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela, percorrerá os principais espazos vinculados a Lorca nas súas viaxes á capital de Galicia. Faremos diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos e se achegará información da vinculación dese espazo co noso autor.

    En Compostela, da man de Henrique Alvarellos adaremos pola Rúa do Vilar (primeira viaxe), Catedral (primeira viaxe), Praza da Quintana  (segunda e terceira viaxe), Bar Viño (segunda viaxe), A Ferradura (primeira e segunda viaxe), Praza do Hospital (primeira viaxe), San Martiño Pinario (primeira viaxe), Praza da Inmaculada (segunda viaxe), Arco Pazo de Xelmírez (segunda viaxe),San Francisco (primeira viaxe), San Paio de Antealtares (primeira viaxe), Colexiata do Sar (primeira viaxe), Fonseca (primeira viaxe) e San Domingos de Bonaval (primeira e segunda viaxe).

    Datos importantes:

    • Data: 16 de setembro de 2023
    • Relator: Henrique Alvarellos
    • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
    • Código en  fprofe:  G2303013
    • Lugar: Santiago de Compostela
    G2303013 - Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela  
    Lorca en Compostela

    G2303007 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miro Villar en Cee

    Summary: 

    De roteiro polos espazos vitais e literarios de Miro Villar
    Gallego

    G2303007 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miro Villar en Cee 

    Esta experiencia propón dotar de contexto á obra de Miro Villar así como amosar o paso do tempo sobre as comunidades costeiras e destacar algúns dos compoñentes destas que normalmente son pasados por alto.

    Pola columna vertebral

    O roteiro comeza en Cee, onde  naceu Miro Villar no 1965. A partir de aí, o percorrido atravesa parte da vila onde contaremos con diversos persoeiros que alicerzan co seu saber a cultura e a historia ceense para, seguidamente, internarnos en diversos puntos da Costa Brava coma unha estrutura de columna vertebral que lle dá amparo á súa poesía.

    as sabas a clareo

    Recordar sempre doe, porque aínda que laves con lexivia as sabas nunca branquea a dor que impregna cada engurra do algodón dos abrazos e segues os consellos que escoitaches da nai para a roupa encoirada, darlle xabón lagarto e logo deitar na herba as sabas a clareo.

    Agardas unha tarde, non de sol formigueiro, de sol de primavera nunha herba soalleira e deitas os recordos de manchas amarelas, prendidos entre as sabas como piolla vella.

    E observas con asombro que a túa nai coñece os segredos da vida e agora no tendal penduras a memoria branca e o seu recendo asolaga os recantos dos teus espazos íntimos.

    Datos importantes:

    • Data: 23 de setembro de 2023
    • Relator: Miro Villar
    • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
    • Código en  fprofe:  G2303007
    • Lugar: Cee
    Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miro Villar en Cee
    Roteiro Miro Villar