G2303013 - Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela  

Lorca en Compostela
Lun, 11/09/2023 - 21:30
G2303013 - Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela  
Lorca en Compostela

G2303013 - Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela  

O Departamento de Linguas do CAFI pon en marcha unha nova actividade que, baixo o título de Roteiro polos espazos literarios de Federico García Lorca en Compostela, percorrerá os principais espazos vinculados a Lorca nas súas viaxes á capital de Galicia. Faremos diversas paradas en sitios emblemáticos onde se lerán ou recitarán diferentes textos e se achegará información da vinculación dese espazo co noso autor.

En Compostela, da man de Henrique Alvarellos adaremos pola Rúa do Vilar (primeira viaxe), Catedral (primeira viaxe), Praza da Quintana  (segunda e terceira viaxe), Bar Viño (segunda viaxe), A Ferradura (primeira e segunda viaxe), Praza do Hospital (primeira viaxe), San Martiño Pinario (primeira viaxe), Praza da Inmaculada (segunda viaxe), Arco Pazo de Xelmírez (segunda viaxe),San Francisco (primeira viaxe), San Paio de Antealtares (primeira viaxe), Colexiata do Sar (primeira viaxe), Fonseca (primeira viaxe) e San Domingos de Bonaval (primeira e segunda viaxe).

Datos importantes:

  • Data: 16 de setembro de 2023
  • Relator: Henrique Alvarellos
  • Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  G2303013
  • Lugar: Santiago de Compostela

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI