G2214002 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Miguel de Unamuno en Salamanca
Enviado por portalcafi a Sáb, 24/09/2022 - 10:36Summary:
Dicía Miguel de Unamuno de Salamanca:
Del corazón en las honduras guardo
tu alma robusta; cuando yo me muera
guarda, dorada Salamanca mía,
tú mi recuerdo.
Y cuando el sol al acostarse encienda
el oro secular que te recama,
con tu lenguaje, de lo eterno heraldo,
di tú que he sido.
O escritor naceu e pasou os seus primeiros anos en Bilbao, pero Salamanca foi a cidade donde viviu a maior parte da súa vida e onde desenvolveu unha intensa actividade docente, intelectual e política. Miguel de Unamuno foi unha das personalidades máis destacadas da literatura española do século XX, un pensador auténtico, poeta, dramaturgo, novelista, filósofo e ensaísta. Son moitos os espazos vinculados á súa figura que hoxe se poden visitar na cidade: a casa na que viviu, a Universidade na que foi reitor, os lugares que frecuentaba... Estes mesmos lugares son os escenarios nos que o director Alejandro Amenábar rodou a película Mientres dure la guerra, unha obra de ficción baseada en feitos reais, froito dun rigoroso labor de documentación.
Da man de Francisco Blanco Prieto o vindeiro 22 de outubro percorreremos os lugares máis relevantes cos que seguir a pegada de Unamuno en Salamanca:
- Medallón de Miguel de Unamuno, na Praza Maior
- Unamuno no Concello de Salamanca.
- Na súa casa de Bordadores.
- Fronte á escultura de Unamuno.
- Universidade de Salamanca.
- Paraninfo da Universidade de Salamanca.
- Casa Museo Unamuno: residencia do reitor.
- Rúa Calderón de la Barca.
- Facultade de Letras.
- Convento de San Esteban.