Gallego

G2103014 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Xela Arias

Summary: 

O interese polo patrimonio literario no ensino
Gallego

Algúns lugares están intimamente ligados aos artistas que os habitaron. É o caso de Vigo e de  Xela Arias, poeta, tradutora, editora e mestra.

Nos poemas de  Xela Arias latexa a cidade e o mar, sobre todo, de Vigo. Denuncia  do Equilibrio [1986, finalista ao Premio Losada Diéguez] é o primeiro poemario urbano que se escribe en Galicia.
O mar, as rúas, as follas das árbores, os cabalos, o ceo... entrecrúzanse nuns versos  indómitos cuxo obxectivo é crear unha nova sintaxe que supón un canto á liberdade.

Pouco despois de nacer en Lugo en 1962, Xela Arias mudouse xunto á súa familia a Vigo, onde residiu ata o seu falecemento aos 41 anos. Da man do estudoso Manuel Bragado percorreremos as principais localizacións vitais e literarias polas que transcorre a vida de Xela Arias. IES Castelao, CIP Sárdoma-Moledo, IES Álvaro Cunqueiro, Castrelos, pub coma o Krenmin (Coruxo), Alma Pub (Poboadores), De catro a catro, García Barbón... serán algúns dos espazos polos que nos moveremos.

Data de realización: 25 de setembro

Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 24:00h

Relator: Manuel Bragado

Código en fprofe: S2103014

Para máis información preme  aquí

 

 

 

 

O interese polo patrimonio literario no ensino
eiro polos espazos vitais e literarios de Xela Arias

S2103014 O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo

Summary: 

O interese polo patrimonio cultural no ensino
Gallego

En Galicia existe unha gran tradición na utilización didáctica do patrimonio. Desde hai tempo xurdiu a tendencia de achegar o pasado ao alumnado a través de visitas a edificios, xacementos, museos, etc. Actualmente, esta tendencia incrementouse e ademais aumentou o número de lugares  visitables (coa incorporación dos centros de interpretación, de exposicións ou de itinerarios históricos). Todo iso, coa intención de achegar e de facilitar a aprendizaxe da historia.

Nesta actividade queremos acercar parte do patrimonio  prehistórico (petróglifos de Conxo e Teo) e medieval (murallas de Compostela e Castelo da Rocha) para a súa aplicación didáctica na aula.

Datas de realización: 02 de outubro
Horario: de 15:00 a 24:00 H.
Código en  fprofe:  S2103014
Para máis información pulsa aquí
 

O interese polo patrimonio cultural no ensino
O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo

S2101081 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Prevención e coidado da voz dos docentes
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Datas de realización: 04 - 14 - 21 e 28 de outubro; 04 - 11 e 18 de novembro.

Horario: de 17:00 a 20:00H.

Relator: Pablo García Ferradas

Código en fprofe: S2101081

Para máis información preme aquí

Prevención e coidado da voz dos docentes
Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Miguel Delibes na aula

Summary: 

Un abano de posibilidades didácticas
Gallego

Desde o ano 2013 a Fundación Miguel Delibes organizou, en colaboración cos Centros de Formación do Profesorado de Castela e León, CRIF "Las Acacias" de Madrid, CTIF Madrid Sur, CPR Rexión de Murcia... diferentes edicións do curso Miguel Delibes en el aula, dirixido a profesores de Educación Secundaria e Primaria. Agora, por fin, imos desenvolver esta actividade formativa en Galicia de xeito telemático baixo o título Miguel Delibes na aula.

Miguel Delibes, un dos autores máis representativos da literatura española na segunda metade do século XX, é autor dunha obra ampla e variada que, ademais da  súa indiscutible calidade literaria, defende uns valores éticos e estéticos que convén achegar ao alumnado. O curso pretende promover unha lectura reflexiva que sirva á vez para  o gozo e a identificación dos distintos elementos que se conxugan nunha obra literaria.

A finalidade da actividade Miguel Delibes na aula é achegar a figura e obra do escritor valisoletano, a todos os docentes interesados na materia. Ademais de contribuír á formación do profesorado, téntase cumprir con algúns dos obxectivos da Fundación Miguel Delibes. Entre estes obxectivos, xunto ao estudo e á difusión da obra de Miguel Delibes, ten unha importancia fundamental fomentar os valores que o escritor fixo seus: a liberdade, a solidariedade, a xustiza social, o respecto pola natureza e a conservación do medio ambiente, entre outros.

Está dirixida  ao profesorado de Lingua e Literatura ou de calquera outra materia interesados no tema, abranguendo unha dobre finalidade: abordar a obra de Miguel Delibes  desde diferentes perspectivas e, sobre todo, expor actividades e ofrecer recursos directamente relacionados con esa obra e que sexan de aplicación práctica na aula.

Ao longo de tres días e estruturado en tres relatorios cada día,diferentes especialistas centraranse en cuestións tanto teóricas como prácticas relacionadas coa ampla   bibliografía do escritor —contos, novelas, discursos...—e propoñerán variadas formas de lle achegar ao alumnado a obra dun dos autores máis importantes da literatura  universal.

 

Programa

   31 de maio
       - Retrato de Miguel Delibes

              Elisa Delibes (Licenciada en Filoloxía Románica. Catedrática de Lingua e Literatura)
      - Propostas didácticas a partir de El Camino

              Amparo Medina-Bocos (Doutora en Filoloxía Hispánica. Catedrática de Lingua e Literatura)

 

   1 de xuño
      - Los discursos de Miguel Delibes

              Ana María Martínez (Doutora en Filoloxía Hispánica. Profesora de Lingua e Literatura)

      - Los santos inocentes. Propostas didácticas

              Amparo Medina-Bocos (Doutora en Filoloxía Hispánica. Catedrática de Lingua e Literatura)

 

   2 de xuño
      - Valores humanos na narrativa de Miguel Delibes. Traballo a partir  de antoloxías

              Francisco Gallego (Licenciado en Filosofía e Letras Catedrático de Lingua e Literatura)

      - O autor e a crítica. Bibliografía comentada sobre Miguel Delibes

              Amparo Medina-Bocos (Doutora en Filoloxía Hispánica. Catedrática de Lingua e Literatura)

Miguel Delibes
Miguel Delibes na aula

G2002050 - DAPLE. Instituto Camões. Nivel C1

Summary: 

C1 – Prepara o teu exame de portugués
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado galego, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de portugués a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de cada participante nesta lingua, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Instituto Camões.

DIPLE. Instituto Camões. Nivel C1

  • Código en fprofe: G2002050
  • Ligazón a fprofe.
  • Número de prazas: 50
DAPLE
DAPLE

G2002051 - DIPLE. Instituto Camões. Nivel B2

Summary: 

B2 – Prepara o teu exame de portugués
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado galego, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de portugués a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de cada participante nesta lingua, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Instituto Camões.

DIPLE. Instituto Camões. Nivel B2

  • Código en fprofe: G2002051
  • Ligazón a fprofe.
  • Número de prazas: 50
DIPLE
DIPLE

G2002057 - Trinity College GESE grao 7.Nivel B2

Summary: 

B2 – Prepara o teu exame de inglés
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxecto de avaliar o nivel de inglés, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity College.

 

Trinity College. GESE grados 7 a 9. Nivel B2

- Código en fprofe: G2002057

- Ligazón a fprofe

- Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 25-30 minutos que se desenvolverá entre o 03/05/2021 e o 07/05/2021. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de 30 m.

- Lugar de celebración: EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela.

- Número de prazas: 100

Trinity
Trinity

G2002055 - Trinity College GESE grao 10. Nivel C1

Summary: 

C 1 – Prepara o teu exame de inglés
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado galego, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de cada participante nesta lingua, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity London College.

 

Trinity College. GESE grao 10. Nivel C1

  • Código en fprofe: G2002055
  • Ligazón a fprofe.
  • Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 25-30 minutos que se desenvolverá entre o 03/05/2021 e o 07/05/2021. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, de 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de media hora.
  • Lugar de celebración: EGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela.
  • Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en inglés.
  • Número de prazas: 100
Trinity
Trinity

G2002049 - DELF. Alianza francesa. Nivel B2

Summary: 

Probas DELF. Alianza francesa. Nivel B2
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.

O DELFDiplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française,  son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.

Avalía as competencias comunicativas en  todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:

  • Comprensión oral
  • Comprensión escrita
  • Produción oral
  • Produción escrita

Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:

 

DELF. Alianza francesa. Nivel B2

 

- Código en fprofe: G2002049

  • Proba escrita: 04 de xuño de 2021, horario, de 09:30 a 12:00h . O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compo stela).

  • Proba oral: realizarase desde o 24 de maio ao 25 de xuño nunha hora determinada en cada Alianza francesa .

  • Prazas: 75

  • Observacións: non poderán ser seleccionadas as persoas candidatas que teñan acreditado o nivel B2 nin os mestres especialistas en francés.

Para máis información: DELF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

DELF
DELF

G2002048 - DALF. Alianza francesa. Nivel C1

Summary: 

Probas DALF. Alianza francesa. Nivel C1
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.

O DELFDiplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française,  son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.

Avalía as competencias comunicativas en  todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:

  • Comprensión oral
  • Comprensión escrita
  • Produción oral
  • Produción escrita

Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:

DALF. Alianza francesa. Nivel C1

 

- Código en fprofe: G2002048

  • Proba escrita: mércores 02 de xuño de 2021, horario, de 09:30 a 13:30h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela).

  • Proba oral: realizarase ao longo do mes de xuño nunha hora determinada en cada Alianza francesa.

  • Prazas: 75

  • Observacións: non poderán ser seleccionadas as persoas candidatas que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en francés.

Para máis información: DALF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

DALF
DALF