G2002048 - DALF. Alianza francesa. Nivel C1

Probas DALF. Alianza francesa. Nivel C1
Ven, 30/04/2021 - 22:15
DALF
DALF

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado, preferentemente vinculados aos programas plurilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de francés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de francés, a Consellería dará a oportunidade de se presentar ao exame DELF B2 e DALF C1 desenvolvido pola Alianza Francesa.

O DELFDiplôme d’études en langue française e o DALF, Diplôme approfondi de langue française,  son as certificacións oficiais internacionais expedidas polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, para acreditar as competencias en francés dos candidatos estranxeiros e dos franceses oriúndos dun país non francófono e que non posúen un Diploma do Ensino Público Secundario ou Superior francé.

Avalía as competencias comunicativas en  todas as situacións habituais no ambiente laboral e profesional:

  • Comprensión oral
  • Comprensión escrita
  • Produción oral
  • Produción escrita

Referencia dos cursos para se apuntar en fprofe:

DALF. Alianza francesa. Nivel C1

 

- Código en fprofe: G2002048

  • Proba escrita: mércores 02 de xuño de 2021, horario, de 09:30 a 13:30h. O lugar de celebración, agás cambios de última hora, será na EGAP (Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela).

  • Proba oral: realizarase ao longo do mes de xuño nunha hora determinada en cada Alianza francesa.

  • Prazas: 75

  • Observacións: non poderán ser seleccionadas as persoas candidatas que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en francés.

Para máis información: DALF

Podedes atopar máis información sobre estrutura e modelos de exame en www.delf-dalf.es

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI