Co título Roberto Vidal Bolaño, fálanos sempre, o Centro de Investigación en Humanidades Ramón Piñeiro en colaboración co Servizo de Formación do Profesorado celebra este dez de setembro unha xornada para rememorar o coñecido dramaturgo. O pazo de San Roque en Santiago de Compostela acolle esta iniciativa que contará con relatorios de Inma López Silva, Camilo Franco e Roi Vidal Ponte.
Canda a eles, o programa inclúe a celebración dunha mesa redonda que contará coa presenza de Cristina Domínguez, Manuel Guede e Roberto Pascual, outra que reunirá a Mónica Caamaño, Quico Cadaval e Laura Ponte, e unha terceira con Francisco Macías, Xosé M. Fernández Castro e Alberto Escudero.
O evento inclúe tamén un coloquio sobre as dúas montaxes da obra Rastros, que contará con Luís Iglesia, Pablo Carrera, Mateo Franco e Luís Blanco. Unha intervención da familia do homenaxeado fechará o encontro.
Velaquí tes o programa máis polo miúdo:
- 9.00: Recollida de material.
- 9.30: Apertura oficial da Xornada.
- 10.00 – 10.45: Conferencia inaugural de Inmaculada L. Silva.
- 10.45 – 11.45: Mesa redonda moderada por Inmaculada L. Silva, coa participación de Manuel Guede, Cristina Domínguez e Roberto Pascual.
- 11.45 – 12.15: Pausa.
- 12.15 – 13.15: Mesa redonda moderada por Roi Vidal Ponte, coa participación de Mónica Camaño, Quico Cadaval e Laura Ponte.
Pausa xantar
- 16.00 – 17.00: Mesa redonda moderada por Nuria Araúxo, coa participación de Francisco Macías, Xosé M. Fernández Castro e Alberto Escudero.
- 17.00 – 17.30: Relatorio de Camilo Franco.
- 17.30 – 18.00: Pausa.
- 18.00 – 18.45: Coloquio sobre a montaxe orixinal de Rastros de 1998 e a de 2022 dirixida por Lois Blanco, en coprodución co Centro Dramático Galego. Modera Camilo Franco, coa participación de Luís Iglesia, Pablo Carrera, Mateo Franco e Lois Blanco.
- 18.45 – 19.15: Relatorio de Roi Vidal Ponte.
- 19.15 – 20.00: Acto de clausura da Xornada.