S2203010 - Spiele unterrichten
Comezamos este ano, en colaboración co Goethe Institut unha nova actividade formativa para o profesorado de alemán.
Os estudantes, independentemente da súa idade, teñen unha cousa en común: teñen períodos de atención breves e non poden quedar sentados e estudar durante moito tempo. Apenas 30 minutos despois dunha charla teórica, é posible que os atopemos inquietos, mirando ao teito sen comprender ou facendo preguntas triviais. Para manter alto o interese dos estudantes e evitar os libros de texto imos achegar unha serie de xogos divertidos para a aula. Son versátiles, excelentes para a aprendizaxe en liña e fóra de liña, e non requiren moito esforzo para preparalos.
- Data: 5 de novembro de 2022.
- Lugar: Aula 10 do CAFI (Santiago de Compostela)
- Relatora: Virginia Gil
Recordámosvos os obxectivos e contidos que buscamos nesta formación:
Obxectivos
- Coñecer o emprego de xogos significativos para mellorar a competencia lingüística.
- Probar formas de xogo para axudar na mediación lingüística.
- Aprender xogos que fomenten a convivencia e a creatividade na aula.
Contidos
- Preparación didáctica para a elaboración de xogos.
- Fomento da creatividade e transversalidade a través do xogo.
- Valores educativos do xogo: o xogo como concepto e práctica educativa.