Gallego

S2301169 Conectar a miña clase de lingua estranxeira presencial coa aula virtual

Summary: 

Curso presencial para profesorado de inglés e francés.
Gallego

Datas:

mércores, 21 e 28 de febreiro de 16:30 - 20:30 horas

mércores, 6 e 13 de marzo de 16:30 - 20:30 horas

sábado, 16 de marzo de 10 - 14 horas

Duración: 20 horas

Lugar de celebración: C.I.F.P Compostela

 

Obxetivos:

1.Conectar a miña clase presencial coa aula virtual: motivar fóra da aula.

2.Actualizar os usos oral e escrito en lingua francesa e en lingua inglesa.

3.Crear material para a miña aula presencial o virtual.

Contidos:

1.Reflexión sobre a autoaprendizaxe.

2.Actualización das competencias orais e escritas dentro e fóra da aula.

3.Creación de actividades motivadoras e lúdicas para todos os niveis de lingua.

4.Desenvolvemento das competencias dixitais aplicadas ás linguas estranxeiras.

Conectar clase de lingua estranxeira con AV
S2301169 Conectar a miña clase de lingua estranxeira presencial coa aula virtual

G2303008 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Vicente Risco na provincia de Ourense

Summary: 

Vicente Risco na provincia de Ourense: Castro Caldelas e Allariz
Gallego

Castro Caldelas e Allariz serán os espazos polos que percorreremos a vida e obra do intelectual Vicente Risco autor de referencia da Xeración Nós. Intelectuais como Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Florentino López Cuevillas lideraron un movemento que abrirá Galicia ás vangardas da época e a Europa.

Da man de Manoel Carrete Rivera percorreremos os principais espazos vitais e literarios de Vicente Risco en Castro Caldelas: a casa familiar do Castro, a fortaleza, o Prado, o Toural... así como outros intelectuais da época como Manuel Manuel Casado Nieto ou Perfecto Herbella pero tamén coñeceremos outras pequenas localidades como Camba e o Burgo moi vinculadas co autor.

Pola tarde será a hora de coñecer Allariz da man de Antonio Blanco Rodríguez. Allariz é o lugar no que Vicente Risco casou, onde tivo os seus catro fillos, onde está situada a Fundación Vicente Risco e onde descansan os seus restos.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: G2303008
  • Data: 27 de xaneiro de 2024
  • Relatores: Manoel Carrete Rivera e Antonio Blanco Rodríguez
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Vicente Risco na provincia de Ourense

S2301108 - Iniciación aos deportes de agarre na educación primaria

Summary: 

Dirixido a mestres da especialidade de Educación Física
Gallego

A Educación Física entra en escena neste trimestre. A través da actividade S2301108 - Iniciación aos deportes de agarre na educación primaria, os/as mestres da especialidade de Educación Física poderán actualizar os seus contidos e metodoloxías no relativo a este tradicional deporte.

Relatores:

  • Pablo Rubén Pintos Figueroa
  • Marcos Miragaya Lama
  • Rubén Méndez Lois

​​​​​​​​​​​​​​Lugar de celebración: Santiago de Compostela

Datas:

  • 10, 17 e 24 de abril (16:30 a 20:30 horas)
  • a última das sesións desenvolverase neste trimestre, nunha data que se fixará na xornada inaugural, e co alumnado de cada docente participando.

 

Obxectivos

1. Coñecer as posibilidades dos deportes de agarre no ámbito educativo.

2. Iniciarse nos xogos de adversario en cancha compartida.

3. Implementar a práctica dos deportes de agarre en contextos deportivos escolares.

 

Contidos

1. Os xogos de adversario no ámbito educativo.

2. Aproximación a modelos técnicos de execución desde unha perspectiva global.

3. Implementación do aprendido nunha convivencia intercentros.

4. Estratexias metodolóxicas para estender a súa práctica no tempo de ocio do alumnado.

Iniciación aos deportes de agarre na educación primaria

S2301109 - Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas

Summary: 

Dirixido a mestres da especialidade de Educación Física
Gallego

Educación Física entra en escena neste trimestre. A través da actividade S2301109 - Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas, os mestres da especialidade de Educación Física poderán actualizar os seus contidos e metodoloxías no relativo a este tradicional deporte.

Relator:

  •  Santiago Ferrer Alonso

Horario:

  • 11, 18 e 25 de abril (16:30 a 20:30 horas).
  •  a última das sesións desenvolverase, nunha data que se fixará na xornada inaugural, e co alumnado de cada docente participando.

 

Obxectivos

1. Coñecer o atletismo e as súas posibles adaptacións ao ámbito escolar.

2. Aprender as progresións didácticas de diferentes modalidades técnicas.

3. Implementar a práctica do atletismo en contextos deportivos escolares.

 

Contidos

1. Programa Xogade. Atletismo en pista.

2. Normativa básica do atletismo adaptada a alumnado de primaria.

3. Progresión didáctica de diferentes modalidades atléticas.

4. Propostas didácticas para a iniciación ao atletismo.

Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas

CALC e CALG

Summary: 

Cursos de gallego e inglés en la EOI de Santiago
Gallego

EOI SANTIAGO

Sección Vite

S2301034 Curso de galego. Nivel C2

Sección Sar

S2301030 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) Inglés nivel B2

Luns e xoves de 18 a 20 horas

S2301032 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) Inglés nivel C1

Luns e xoves de 16:30 a 18:30 horas

S2301033 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) Inglés nivel C2

Luns e xoves de 16:30 a 18:30 horas

Sección Ribeira

S2301031 Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) Inglés nivel C1. Modalidade semipresencial.

Martes (non presencial) e xoves (presencial) de 19:30 a 21:30

Data de comezo: 8 de xaneiro 2024

Data límite de inscrición: 17 de decembro 2023

CALC e CALG
CALC e CALG

CALC e CALG

Summary: 

Cursos de inglés e galega na EOI de Santiago, seccións Sar e Vite.
Undefined

Sección Vite

S2301034 Curso de galego. Nivel C2

Luns e mércores de 17:30 a 19:30 horas

Sección Sar
S2301030 Inglés nivel B2

Luns e xoves de 18 a 20 horas

S2301032 inglés nivel C1

Luns e xoves de 16:30 a 18:30

S2301033 Inglés nivel C2

Luns e xoves de 16:30 a 18:30

Sección Ribeira
S2301031 Inglés nivel C1 (curso semipresencial)

Martes (non presencial) e xoves (presencial) de 19:30 a 21:30

Inscrición en Fprofe aberta ata o 17 de decembro

 

 

CALC
CALC e CALG

S2301034 Curso de galego. Nivel C2

Summary: 

Curso de galego
Nivel C2
Gallego

Buscas unha formación orientada a ter un bo dominio do noso idioma? Velaquí o tes, Curso de galego. Nivel C2

  • Código en fprofe S2301034 
  • Duración: 60h
  • Prazas: 20
  • Horario: luns e mércores
  • Comezo: 8 de xaneiro e remate 29 de abril
  • De 17:30 19:30h
  • Límite de inscrición: 17-12-2023
  • EOI de Santiago de Compostela, Sección de Vite
Curso de galego

G2302013 Xornada de bibliotecas escolares de Galicia. Curso 2023-2024

Summary: 

Xornada de bibliotecas escolares de Galicia. Curso 2023-2024
Gallego

O vindeiro sábado 18 de novembro celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023. Daranse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Unha biblioteca escolar en viñetas".

Unha xuntanza que falará do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias...

Será, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.

Programa:

  • 9:30 - 10:00h - Recollida da documentación e primeiro control de asistencia.
  • 10:00 - 11:15h - Inauguración e Conferencia arredor da BD con Miguelanxo Prado.
  • 11.15 - 11:45h - Pausa café:11.45 - 13:00h - Sesións simultáneas
    • A colección de banda deseñada (BD).
    • Unha biblioteca escolar en viñetas.
    • Tres salas con experiencias de centros.
    • Obradoiro ALFIN/AMI.
    • Obradoiro de BD
  • 13:00 - 14:00h - Conferencia sobre mediación lectora con Daniel Cassany.
  • 16:00 - 17:30h - Conferencia sobre mediación lectora con Daniel Cassany.
  • 17:30 - 17:45h - Pausa
  • 17:45 - 19:00h - Sesións simultáneas:
    • Lecturas artísticas a través da BD.
    • Unha biblioteca escolar en viñetas.
    • Tres salas con experiencias de centros.
    • Obradoiro ALFIN/AMI.
    • Obradoiro de BD.
  • 19:00 - 20:00h - Conferencia sobre libro informativo ilustrado con Xulia Pisón, Jorge Campos e Sira González. 

 

 

Xornada de bibliotecas escolares de Galicia. Curso 2023-2024

G2302041 - I Xornada de formación da inspección educativa. Curso 2023-2024

Summary: 

Formación da inspección educativa
Curso 2023-2024
Gallego

Continúa a formación específica para a inspección educativa no presente curso académio. O vindeiro 15 de novembro terá lugar a  I Xornada de formación da inspección educativa. Curso 2023-2024:

- Datos de interese

  • Lugar: Mupega (Museo Pedaóxgico de Galicia, Rúa de San Lázaro 107)
  • Data: 15 de novembr de 2023
  • Código en fprofe: G2302041

- Programa

  • 09:30 - 09.45h - Recepción de asistentes e entrega de material
  • 09:45 - 10:00h - Presentación da xornada 
  • 10:00 - 12:00h - Relatorio - Avaliación da función directiva e modelo de dirección por D. Antonio Montero Alcaide, Inspector de educación - Consejería de Educación, Junta de Andalucía
  • 12:00 - 12:45h - Pausa café
  • 12:45 - 14:15h - Relatorio - Protección de datos por Dª. Mónica Santiso Lareo, Subdirectora Xeral de Coordinación Administrativa e Réxime Xurídico
  • 16:30 - 18:30h - Relatorio - A educación ante a disforia de xénero: máis alá da ideoloxía por D. Marino Pérez Álvarez, Catedrático de Psicoloxía - Universidade de Oviedo
  • 18:30 - 19:00h - Clausura
I Xornada de formación da inspección educativa. Curso 2023-2024