G2302013 Xornada de bibliotecas escolares de Galicia. Curso 2023-2024

Xornada de bibliotecas escolares de Galicia. Curso 2023-2024
Lun, 13/11/2023 - 16:24
Xornada de bibliotecas escolares de Galicia. Curso 2023-2024

O vindeiro sábado 18 de novembro celebrarase no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023. Daranse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Unha biblioteca escolar en viñetas".

Unha xuntanza que falará do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa... e do papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias...

Será, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes que poñen en pé as bibliotecas escolares galegas, o reforzo de vínculos persoais e profesionais e, con toda seguridade, o comezo de novas colaboracións para o presente curso.

Programa:

  • 9:30 - 10:00h - Recollida da documentación e primeiro control de asistencia.
  • 10:00 - 11:15h - Inauguración e Conferencia arredor da BD con Miguelanxo Prado.
  • 11.15 - 11:45h - Pausa café:11.45 - 13:00h - Sesións simultáneas
    • A colección de banda deseñada (BD).
    • Unha biblioteca escolar en viñetas.
    • Tres salas con experiencias de centros.
    • Obradoiro ALFIN/AMI.
    • Obradoiro de BD
  • 13:00 - 14:00h - Conferencia sobre mediación lectora con Daniel Cassany.
  • 16:00 - 17:30h - Conferencia sobre mediación lectora con Daniel Cassany.
  • 17:30 - 17:45h - Pausa
  • 17:45 - 19:00h - Sesións simultáneas:
    • Lecturas artísticas a través da BD.
    • Unha biblioteca escolar en viñetas.
    • Tres salas con experiencias de centros.
    • Obradoiro ALFIN/AMI.
    • Obradoiro de BD.
  • 19:00 - 20:00h - Conferencia sobre libro informativo ilustrado con Xulia Pisón, Jorge Campos e Sira González. 

 

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI