S2301108 - Iniciación aos deportes de agarre na educación primaria
A Educación Física entra en escena neste trimestre. A través da actividade S2301108 - Iniciación aos deportes de agarre na educación primaria, os/as mestres da especialidade de Educación Física poderán actualizar os seus contidos e metodoloxías no relativo a este tradicional deporte.
Relatores:
- Pablo Rubén Pintos Figueroa
- Marcos Miragaya Lama
- Rubén Méndez Lois
Lugar de celebración: Santiago de Compostela
Datas:
- 10, 17 e 24 de abril (16:30 a 20:30 horas)
- a última das sesións desenvolverase neste trimestre, nunha data que se fixará na xornada inaugural, e co alumnado de cada docente participando.
Obxectivos
1. Coñecer as posibilidades dos deportes de agarre no ámbito educativo.
2. Iniciarse nos xogos de adversario en cancha compartida.
3. Implementar a práctica dos deportes de agarre en contextos deportivos escolares.
Contidos
1. Os xogos de adversario no ámbito educativo.
2. Aproximación a modelos técnicos de execución desde unha perspectiva global.
3. Implementación do aprendido nunha convivencia intercentros.
4. Estratexias metodolóxicas para estender a súa práctica no tempo de ocio do alumnado.