G2303008 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Vicente Risco na provincia de Ourense

Vicente Risco na provincia de Ourense: Castro Caldelas e Allariz
Sáb, 06/01/2024 - 11:14
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Vicente Risco na provincia de Ourense

Castro Caldelas e Allariz serán os espazos polos que percorreremos a vida e obra do intelectual Vicente Risco autor de referencia da Xeración Nós. Intelectuais como Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Florentino López Cuevillas lideraron un movemento que abrirá Galicia ás vangardas da época e a Europa.

Da man de Manoel Carrete Rivera percorreremos os principais espazos vitais e literarios de Vicente Risco en Castro Caldelas: a casa familiar do Castro, a fortaleza, o Prado, o Toural... así como outros intelectuais da época como Manuel Manuel Casado Nieto ou Perfecto Herbella pero tamén coñeceremos outras pequenas localidades como Camba e o Burgo moi vinculadas co autor.

Pola tarde será a hora de coñecer Allariz da man de Antonio Blanco Rodríguez. Allariz é o lugar no que Vicente Risco casou, onde tivo os seus catro fillos, onde está situada a Fundación Vicente Risco e onde descansan os seus restos.

Datos importantes:

  • Código en fprofe: G2303008
  • Data: 27 de xaneiro de 2024
  • Relatores: Manoel Carrete Rivera e Antonio Blanco Rodríguez

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI