A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade por medio do CAFI oganiza a Xornada galega de linguas estranxeiras. Curso 2023-2024. O programa inclúe conferencias plenarias por estudosos de recoñecido prestixio así como diversos obradoiros, repetidos en dúas quendas para facilitar a súa asistencia, coa finalidade de poder aplicalos directamente nas aulas.
Data: sábado 11 de maio de 2024
Lugar de celebración: Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
Inscrición: en Fprofe co código G2302048
Horario:
- 09:30 - 10:00: Recollida de documentación
- 10:00 - 10:15: Inauguración
- 10:15 - 11:30: Primeira conferencia plenaria
CLIL ou non CLIL?
Plácido Bazo Martínez, Universitat Ramón Llul
- 11:30 - 12:00: Pausa
- 12:00 - 14:00: Sesións de obradoiros simultáneos
Obradoiro 1 - IA para as linguas estranxeiras
Miquel Angel Prats i Fernández, Universidad de la Laguna
Obradoiro 2 - Dinamizando a miña clase de lingua estranxeira
Mirian Freire Pardo, CEIP Sobrado-Nebra
Obradoiro 3 - Plurlingüismo, por que non?
Francisco Custodio Jáimez Ortiz, CEIP Santa María de Gracia, Murcia
Obradoiro 4 - Técnicas de animación na aula de linguas estranxeiras
Adrien Payet
Obradoiro 5 - A aprendizaxe efectiva da lectoescritura en lingua estranxeira en idades temperás
Silvie Rasikova, British Council
- 14:00 - 15:30: Pausa
- 15:30 - 17:30: Sesións de obradoiros simultáneos (repetidos da mañá)
- 17:30 - 17:45: Pausa
- 17:45 - 19:30: Conferencia plenaria
Converter as tendencias en amigas: as 7 tendencias que inflúen na educación do 2024
David Marsh, Marsh Educational Design