S2401093 - Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz. Foniatría e ortofonía

Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz.
Foniatría e ortofonía.
Xov, 25/07/2024 - 18:17
Traballando coas técnicas para o coidado e a hixiene da voz. Foniatría e ortofonía

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

 

Datas de realización: outubro (24), novembro (7-14-21-28) e decembro (5-12).

Horario: de 17:00 a 20:00H.

Lugar: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela

Relator: Pablo García Ferradas

Código en fprofe: S2401093

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI