Programa LÓVA

Convocatoria pola que se establece o procedemento de selección de centros sostidos con fondos públicos que desexen participar no programa LÓVA para o curso 2024/2025
Lun, 03/06/2024 - 08:15
Programa LÓVA

LÓVA (La ópera, un vehículo de aprendizaxe) é un proxecto do Teatro Real que conta con máis de dezaseis anos de experiencia e coa participación de 18.000 alumnos/as procedentes de centros de educación primaria, secundaria, educación especial e doutros colectivos sociais. Esta iniciativa propón que o alumnado experimente a experiencia de ser membro dunha compañía de ópera que traballará ao longo de todo o curso escolar 2024/2025 co obxectivo de representar finalmente a súa propia produción operística.

Esta convocatoria vai dirixida aos centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Galicia que impartan ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e ciclos de formación profesional básica (FP básica).

  • Os centros educativos interesados en participar no proxecto LÓVA deberán inscribirse a través da aplicación informática Fprofe, na pestana de “convocatorias”, ata o 10 de xuño de 2024 inclusive.

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI