S2401068 Lingua de signos. Curso básico

Formación presencial
Ven, 26/07/2024 - 17:13
S2401068 Lingua de signos. Curso básico

Nunha sociedade cada vez máis diversa as persoas con discapacidade auditiva de distinto tipo e grao representan o 8% da poboación Aínda que moitas persoas da comunidade xorda utilizan a lingua oral outras moitas empregan a Lingua de Signos. A tendencia cada vez máis inclusiva da sociedade nos diferentes ámbitos: educativo, sanitario e social fai case obrigatoria a existencia de máis profesionais que coñezan a Lingua de Signos.

Co curso de Lingua de Signos. Curso básico iniciaraste na lingua de signos e adquirirás os coñecementos necesarios que che permitirán comunicarche coas persoas xordas. Traballarás tanto a comprensión como a expresión alcanzando o coñecemento do vocabulario de uso cotián e o coñecemento da estrutura gramatical básica.

Obxectivos

  1. Adquirir un nivel básico de comprensión e expresión en lingua de signos.
  2. Coñecer e aplicar as habilidades de expresión corporal necesarias para unha produción básica en LSE.
  3. Fomentar a integración do alumno e alumna con discapacidade auditiva na dinámica do centro escolar.

Contidos

  1. O alumnado con discapacidade auditiva e o seu acceso á comunicación.
  2. Acceso ao currículo do alumnado con discapacidade auditiva.
  3. A lingua de signos como sistema lingüístico: regras xerais, sintaxe e ampliación do léxico a nivel I.

Datos importantes:

  • Datas:
    • Setembro (25, mércores)
    • Outubro (2-9-16-23, mércores)
    • Novembro (6-13, mércores
  • Relatora:  Alba Tamara Puentes García
  • Horario: de 17:00 a 20:00h.
  • Código en  fprofe:  S2401068
  • Lugar: CAFI - Santiago de Compostela, Aula 11

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI