S2401023 Comunicación eficaz docente

Gustaríache ter unha comunicación efectiva co teu alumnado na túa aula?
Ven, 26/07/2024 - 10:53
S2401023  Comunicación eficaz docente

Gustaríache captar toda a atención do teu alumnado cada vez que impartes clases e non ter que loitar para que che presten atención?

Queres mellorar a túa forma de te expresar e a túa linguaxe corporal para poder aplicalo nas túas aulas e en calquera outra actividade académica?

Sentiches que algunhas veces o alumnado non che prestaba atención e desconectaba?

Se te sentes identificado con estas situacións, seguro que che convén aprender e levar á práctica o que che imos contar neste curso.

 

Obxectivos

  1. Mellorar a comunicación interpersoal para a función docente.
  2. Adquirir ferramentas para a comunicación eficaz.
  3. Construír un discurso eficaz manexando o espazo de acción.

Contidos

  1. Comunicación eficaz: estrutura e estratexias do discurso.
  2. Linguaxe non verbal: adestramento da voz e do corpo.
  3. A mensaxe: estrutura, contido e ideas clave.
  4. A posta en escena.

Datos importantes:

  • Datas:
    • Outubro:
      • 26 (xoves)
    • Novembro:
      • 3 (xoves)
      • 10 (xoves)
      • 17 (xoves)
      • 24 (xoves)
    • Decembro:
      • 7 (xoves)
  • Horario: 17:30 a 20:30h
  • Relator: Santiago Martínez Suárez
  • Código en fprofe: S2401023

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI