G2203008 - Roteiro xeolóxico polos Penedos de Pasarela e Traba. Un zoolóxico de pedra no Paleozoico
Os Penedos de Pasarela e Traba é un enclave máxico e pouco usual no mundo. Xa eran ben coñecidos no 1835, cando o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España recoñeceunos como Formas Singulares. O xeólogo Guillermo Schulz tamén o pon en valor cando realiza o primeiro mapa xeolóxico galego e, non de é de estrañar, porque nos atopamos #ante unha xoia ao descuberto de granito rosado.
Isidro Parga Pondal, director do Laboratorio xeolóxico de Laxe, nos anos 60 noméao como granito tipo Traba ou Pindo. Os Penedos de Pasarela e Traba non só chamaron a atención do xeólogos senón que tamén foi inspiración para varios escritores como Eduardo Pombal, Evaristo Martelo Paumán, Ramón Otero Pedrayo ou Manolo Rivas. Todos eles foron seducidos por este asombroso lugar.
No ano 2009 os Penedos de Pasarela e Traba foron declarados como Paisaxe Protexida. Desta forma, conseguiuse cumprir o obxectivo de conservar o medio natural e manter o equilibro co desenvolvemento sostible da zona.
Os Penedos de Pasarela e Traba están formados por rocas plutónicas, é dicir, rocas que se formaron no interior da cortiza terrestre. Son o resultado do arrefriado do magma en ascensión ata a superficie da terra. O choque de dúas placas de terreo na zona produciu altas temperaturas fundindo os materiais ata convertelos en magma, que, pola súa baixa densidade, emerxeu cara ás partes superiores arrefriándose lentamente.
Nesta zona o magma arrefriou a 24 quilómetros de profundidade, producindo estas rocas intrusivas (Rocas Plutónicas). Para poder apreciar as pedras como as vemos hoxe día, tiveron que pasar entre 200 e 23 millóns de anos de erosión que eliminaron os 24 quilómetros de rocas e sedimentos que había ata elas. Algo realmente fascinante! A terra retirou os moldes para mostrarnos tan belas esculturas.
Queres saber máis? Ben!
- Data: sábado 15 de outubro de 2022
- Relatores: Juan Ramón Vidal Romaní e Miro Villar