S2302010 Integración das novas tecnoloxías no ensino das linguas cooficiais

Novas tecnoloxías para o ensino das linguas
Mar, 17/10/2023 - 22:06
Integración das novas tecnoloxías no ensino das linguas cooficiais

Este curso ten como obxectivo presentar unha panorámica, necesariamente xeral e introdutoria, dalgunhas aplicacións das denominadas «novas tecnoloxías» ao ensino das linguas cooficiais. Para iso, abordaremos tres tipos de tecnoloxías: as relacionadas co ensino presencial asistido por computador, as utilizadas na aprendizaxe a distancia a través das redes de comunicación e as tecnoloxías aplicadas ao tratamento do texto e da fala. Para cada unha delas expóñense os fundamentos básicos e algúns exemplos do seu potencial.

Datos importantes:

  • Datas: 22-27 de novembro e 1-4 de decembro de 2023
  • Relator: Carlos Parada
  • Horario: de 17:30 a 21:00h
  • Código en  fprofe:  S2302010
  • Lugar: Santiago de Compostela

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI