G2303014 Roteiro o Seminario de Estudos Galegos en Compostela

Seminario de Estudos Galegos
Lun, 06/11/2023 - 07:58
O Seminario de Estudos Galegos

Queres coñecer os puntos principais nos que se desenvolveu a vida e o labor do Seminario de Estudos Galegos en Compostela?

Trátase dun percorrido que comeza no lugar onde se fundou o SEG, en Ortoño, na casa onde viviu Rosalía de Castro e a onde se desprazaron os membros do Seminario para institucionalizar o acto. Seguidamente desprazarémonos a Compostela á rúa Concepción Arenal nº 10, a casa de  Armando Cotarelo Valledor e onde se asinaron os primeiros estatutos. Pasaremos pola  Facultade de Xeografía e Historia, que foi o lugar onde se celebrou a primeira sesión e estivo a primeira sede; polo IES Rosalía de Castro, onde estivo a segunda sede; pola rúa Entremurallas, 8 (Rúa da Senra 8), onde estaba o Hotel Argentin, lugar que acolleu un dos grandes encontros iniciais; o antigo El Asesino, na praza da Universidade onde desenvolveron a homenaxe a Lois Tobío; o lugar onde estivo a Editora Nós na rúa do Vilar; ou o Pazo de Fonseca, onde terá despois a derradeira sede. Pola tarde desenvolveremos unha visita guiada á Esposición Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura.

  • Relator: Miguel Anxo Seixas Seoane
  • Data: sábado 11 de novembro
  • Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
  • Código en fprofe: G2303014

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI