G2402010 Xornadas internacionais de didáctica da filosofía
Con esta actividades pretendemos daar a coñecer (e reflexionar sobre) os principais modelos didácticos que nos últimos anos teñen influído na ensinanza da filosofía a nivel internacional así como presentar análises comparativas sobre a actual situación do currículo de Filosofía na Ensinanza Secundaria dos países da UE e Latinoamérica; ofrecer un espazo de debate sobre a atención á dimensión didáctica nas Facultades de Filosofía, con especial atención á problemática introducida coa creación en España do Máster de Formación do Profesorado; promover a reflexión sobre a incidencia das Novas Tecnoloxías (TIC) e a Intelixencia Artificial (IA) na sociedade en xeral, e en particular a súa repercusión en relación co ensino da filosofía; presentar experiencias innovadoras relevantes de traballo na aula con contidos asociados coa disciplina filosófica, en todos os niveis educativos e salientar a importancia do ensino da Filosofía en tanto que constitúe un instrumento indispensable na formación dunha cidadanía crítica e autónoma, sen a cal dificilmente podemos falar dunha cidadanía democrática.
Datos importantes:
- Data: 14, 15 e 16 de novembro de 2024
- Horario: de 16:30 a 20:30h; de 16:00 a 20:00h e de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00h
- Código en fprofe: G2402010
- Lugar: Salón de actos da Facultade de Filosofía da USC