S2402006 Iniciación ao bádminton no ámbito escolar

Xov, 19/09/2024 - 08:15
S2402006 Iniciación ao bádminton no ámbito escolar

 

Con esta actividade preténdese ofrecerlle ao profesorado un coñecemento inicial á vez que xeneral do deporte do bádminton, que permita un aproveitamento activo do tempo libre con actividades físicas e de lecer. A sinxeleza dos materiais necesarios para a práctica do bádminton e a adaptabilidade do terreo de xogo ás nosas necesidades, fan deste deporte con implementos un recurso perfecto para desenvolver nos novos alumnos e alumnas a motivación e o interese polos deportes e actividades físicas en xeral. Os obxectivos enmarcados neste curso foron pensados para dotar ao alumnado da técnica e táctica básicas necesarias para resolver con habilidade as situacións prácticas deste deporte. Por último, busca desenvolver nos nenos e nenas, actitudes favorables cara á práctica deportiva, coidando as accións encamiñadas á cooperación, xogo limpo, desinhibido, libre de carga esteriotipada, etc. ademais de dotar aos nosos aprendices de estratexias que permitan a expansión das actividades deportivas máis aló do contexto escolar.

Datos importantes:

  • Data: 16 e 23 de outubro de 2024
  • Horario: de 16:30 a 20:30h
  • Código en  fprofe:  S2402006
  • Relator: Jesús Pereiro Castro

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI