Actividades 2017/2018

Contacontos en inglés e galego

     O martes 14 de novembro de 2017 o alumnado de 3º ESO e 4º ESO tivo a oportunidade de disfrutar dunha sesión de contacontos en inglés e galego da man de Sophie Heydel, narradora e actriz británica formada en The Guildhall School of Music and Drama (Londres), e Charo Pita, narradora galega profesional e escritora, organizada conxuntamente polos Departamentos de Lingua e Literatura Galega e Inglés. 

Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulo XIV

Capítulo XIV. O Río Negro

          -Señor profesor -díxome o capitán Nemo-, se o  desexa,  imos fixar exactamente a nosa posición e o punto de partida desta viaxe. Son as doce menos cuarto. Vou subir á superficie.

HORA DE LER - Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares" (capítulos XI, XII, XIII e XIV)

Capítulo XI. O Nautilus                                   

          O capitán Nemo levantouse e eu seguino. Unha dobre porta situada ao fondo da sala abriuse e entrei na biblioteca. Mobles altos de palisandro  negro, con incrustacións de cobre, soportaban nos seus anchos andeis un gran número de libros encadernados de xeito uniforme. Seguían o contorno da sala e remataban na súa parte inferior nuns amplos diváns, tapizados con coiro marrón, con cómodos asentos. Uns lixeiros pupitres móbiles, que podían achegarse ou separarse a vontade, servían para colocar o libro que se estivese a ler. No centro había unha gran mesa, chea de publicacións, entre as que aparecían algúns xornais antigos. A luz eléctrica, que saía de catro globos deslustrados e semiencaixados nas volutas do teito, inundaba este harmonioso conxunto.
          - Aquí ten seis ou sete mil volumes...

Jules VERNE: O mar

          O mar é todo! Cobre as sete décimas partes do globo terrestre. O seu aire é puro e san. É o inmenso deserto no que o home nunca está só, xa que sente a vida por todas partes. O mar non é máis que o vehículo dunha existencia sobrenatural e prodixiosa, non é máis que movemento e amor; é o infinito vivo, como dixo un dos seus poetas. 

          E, en efecto, señor profesor, a natureza maniféstase nel cos seus tres reinos: mineral, vexetal e animal. Este último está amplamente representado polos catro grupos de zoófitos, por tres clases de articulados, por cinco clases de moluscos, por tres clases de vertebrados, os mamíferos, os réptiles e esas innumerables lexións de peixes, orde infinita de animais que conta con máis de trece mil especies das que tan só unha décima parte pertence á auga doce.


          O mar é a vasta reserva da natureza. Polo mar comezou o mundo, e quen sabe se non rematará nel! Nel está a suprema tranquilidade. O mar non pertence aos déspotas. Na súa superficie aínda poden exercer dereitos inicuos, loitar, devorarse e transportar todos os horrores terrestres. Mais  a trinta pés de profundidade, o seu poder cesa, a súa influencia apágase, o seu poder desaparece. Ah! Señor, viva, viva no seo dos mares! Só neles está a independencia! Aí non recoñezo donos! Aí son libre!

         

  
                                         [Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares, 1ª parte, capítulo X, “O señor das augas”]

HORA DE LER - Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares" (capítulos VII, VIII, IX e X)

Capítulo VII. Unha balea de especie descoñecida
    Aínda que fiquei abraiado por esta inesperada caída, conservei unha impresión moi clara das miñas sensacións.
    Fun arrastrado a unha profundidade duns vinte pés. Entrevín unha masa negra que desaparecía cara ao leste, cunhas luces de posición que desapareceron ao lonxe. Era a fragata. Sentinme perdido.
    - Socorro! Socorro! –berrei nadando desesperadamente cara á Abraham Lincoln.
    Foi o último berro que lancei. A miña boca encheuse de auga. Loitaba, arrastrado cara ao abismo.

Consumo responsable e alimentación saudable

Os días 2 e 3 de novembro alumnado de 2º da ESO do noso centro visitou a exposición "Consumo responsable e alimentación saudable" organizado na rúa Príncipe pola Fundación SEEDO-Gadis.

Fotografías cortesía de inthemove

Jules VERNE, "Vinte mil leguas baixo dos mares", capítulo X

Capítulo X.   O home das augas
    Quen falaba deste xeito era o comandante. Ao escoitar estas palabras, Ned Land levantouse subitamente. O camareiro, case estrangulado, saíu cambaleándose despois dun sinal do seu xefe; pero era tal a autoridade do comandante que nin un xesto traizoou o resentimento que debía ter este home contra o canadense.
    Despois duns instantes de silencio que ningún de nós pensou en interromper, dixo:

Distribuir contido