As profesoras María José Fernández e Manón Funes realizaron este blogue (podes acceder a el clicando aquí ou na imaxe) no que recollen artigos relacionados co intercambio de alumnado entre o noso IES e o Lycée Gustave Eiffel de Bourdeaux.
Aproveitando a recente actividade de celebración do Día de ler a Verne, recuperamos dous vídeos das lecturas de fragmentos de Vinte mil leguas baixo dos mares en inglés, francés, galego e castelán realizadas por un grupo de alumnado de 3ºESO o pasado mes de abril de 2018:
1ª parte
2ª parte
Compartimos algunhas fotos do acto de graduación que tivo lugar o pasado 21 de xuño. As fotos son cortesía de Vilux Fotografía.
Anagnórise María Victoria Moreno
Despois de achegarse por vez primeira ao universo adolescente na súa obra Leonardo e os fontaneiros, María Victoria Moreno decidiuse a escribir unha nova novela para un público xuvenil: Anagnórise.
O derradeiro día de curso, o xoves 21 de xuño, extraeuse da urna na que se van depositando as fichas de libros devoltos en prazo, a que ía ser a gañadora do sorteo deste último trimestre do 2017 - 2018.
Nesta ocasión resultou afortunada co VALE de 25 € para a compra de libros
Raquel Fernández Arias de 4º B
Parabéns e a seguir lendo e devolvendo en tempo os libros prestados!
O 5 de xuño un grupo de alumnado do noso centro visitaron Santiago, percorrendo o Museo de Historia Natural, a Catedral e a Cidade da Cultura.
O mércores 6 de xuño, alumado de 4ºESO realizou un "bautismo de surf" na praia de Patos con Prado Surf Escola. Moitos conseguiron incluso poñerse en pé!
Aquí vos deixamos as fotos que fixemos cos grupos de 4ºESO e 2ºBAC deste curso. Se desexas unha copia en papel de tamaño 15x20 pódela conseguir en Vilux Fotografía a 2,50 € (é preciso indicar a referencia de cada foto).