Escribir con Arte

Escribir con Arte

Escribir con arte dende a cultura clásica

O alumnado de 4º da ESO das materias de Latín  e Cultura Clásica sumouse ao proxecto da Biblioteca Ramiro Fonte "Escribir con arte". Estudiaran fitos da historia de Roma e contáronos a través de cadros dos ss. XVII a XIX e agora, logo de estudiaren a familia romana, escribiron para acompañar as imaxes de lenzos do século XIX. Sen dúbida, toda unha actualización que permite conectar épocas a través de visións mozas.  

Álbum: Curso 2023/2024 -> Escribir con arte (alumnado de latín)

Exposición Francisco de Goya y Lucientes

O alumnado de 3° PDC estivo traballando estes días sobre a figura de Goya e a súa obra dentro do proxecto interdisciplinar da biblioteca ESCRIBIR CON ARTE.
Investigaron sobre as técnicas, os motivos e a traxectoria do artista. Como mostra do seu estudo fixeron as cartelas informativas dunha escolma da gran obra do pintor aragonés.

Escribir bodegóns con arte

Continuamos con outra achega ao noso proxecto Escribir con arte.

Escribir en inglés con arte

O alumnado de 1º C da ESO traballou na materia de inglés para o proxecto de Centro ESCRIBIR CON ARTE. Os traballos versan sobre descricións de obras de arte coñecidas coma o Discóbolo de Mirón ou cadros de Van Gogh. 

Sen dúbida, a nosa rapazada está sumerxida neste traballo que está a afondar no coñecemento interdisciplinar. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Escribir en inglés con arte

Escribir con Arte: O movemento

Primeiras mostras do alumnado de Educación Plástica para o proxecto Escribir con Arte. Nelas abordan a temática do movemento. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Escribir con Arte - O Movemento
Distribuir contido