O alumnado de Debuxo Técnico I entregou os seus proxectos finais para a materia, onde realizou propostas para a mellora dos espazos do instituto. Deste xeito, redistribuíron a disposición da biblioteca, propuxeron fabricar percheiros despregables e construír andeis móbiles.
Laura Bugalho visitounos o 7 de xuño, como complemento ás actividades de xuño, mes para celebrar a diversidade LGTBIQ+. Para iso, Laura, activista social, veu falar do seu documental Asuntos internos. Acompañada da nosa profesora Carme Nogueira e da deseñadora de arte gráfica Uqui Permui construíron un interesante coloquio onde afondaron en temas como o feminismo, a identidade, a transfobia, a aceptación...
O alumnado de 1º de bacharelato ficou sorprendido con este relato tan persoal do que seguro tiraron proveito.
O alumnado de 1º de Bacharelato desfrutou dunha xornada de actividade desportiva nas instalacións do circuíto ‘Humor Amarillo’ de Valadares.
Foron moitas as risas e non houbo ningunha lesión, alén dalgunha caída ben cómica!
O martes 21 de maio festexamos no instituto pola mañá o Día da Diversidade Cultural, así declarado pola Unesco desde 2002 a raíz da Declaración feita un ano antes na que se recolle a importancia de coñecer, respectar e conservar a inmensa riqueza que supón a variedade de culturas que hai no mundo como factor de integración e de inclusión e para un maior entendemento, máxime nestes tempos que corren.
O alumnado de 4º da ESO da materia de Educación plástica e visual, xunto co alumnado de 1º de Bacharelato de Debuxo artístico elaborou esta exposición de poesía ilustrada arredor da autora homenaxeada nas letras galegas 2024, Luísa Villalta.
O vernes 19 visitounos David Catá, artista plástico e músico. Primeiro tivemos unha presentación da súa obra e o seu proceso creativo. Máis tarde, co alumnado de Debuxo Artístico, realizou un taller onde mesturou pintura e fotografía. Encantounos a súa obra marcada por unha forte base conceptual e valor estético.
Alén diso, a súa proximidade e calidez serviu de alento para animar o alumnado na difícil tarefa que é vivir do arte. Esperamos que volvas visitarnos pronto, David.
As aulas de plástica son ben creativas! A semana pasada, o alumnado de Debuxo contou coa visita de Manón, exprofesora de Bioloxía do Centro.
Coas súas explicacións e os seus consellos realizaron un taller de estampación de follas.
Polo 8m, o alumnado de 4º da ESO de Plástica e 1º de Bacharelato de Debuxo Artístico realizaron unha exposición, que se pode visitar na entrada do centro. Ambos os grupos reconverteron as cartas da baralla, dándolles unha lectura en clave feminista.
Un 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Ela é o emblema de Galicia, a muller que conseguiu facer historia e, o máis importante, mudar o rumbo da historia. Xa coetáneos do seu tempo, coma Curros, lle dedicaban versos que describían a brillante figura que era: unha muller “que tiña na fronte unha estrela e no bico un cantar”.
O alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato visitou a exposición Helmut Newton, na Coruña. Puideron deleitar en primeira persoa a calidade da obra do fotógrafo alemán. Ademais, realizaron un obradoiro de fotografía nun estudio profesional.