Actividades 2023/2024

Que non te líen, tí elixes

As alumnas e alumnos de 3º e 4º ESO rematan o curso participando nas charlas do programa

                        "Que non te líen, tí elixes" impartidas polo Cluster de granito.

Estes programas, promovidos desde a Consellería de Educación e a Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade pretenden abordar e fomentar unha orientación profesional libre de estereotipos de xénero. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Que non te lien, tí elixes

Graduación 2º de Bacharelato

Un ano máis e con este xa son 54 que despedimos outra xeración. O 24 de maio despedimos no Teatro Salesianos a nosa promoción de 2º de Bacharelato. 

Este foi un acto ben emotivo onde os presentadores, un representante de cada clase (Ramón, Irene, Borja, Pablo e Naiaran) foron dando paso aos distintos momentos. Mais, sen dúbida, polo que todos os asintentes agardaban era pola entrega dos diplomas e das insignias que pechaban unha etapa para dar paso a outra. Agora, cun pé na universidade só vos podemos desexar o mellor. Lembrade que aquí seguiremos para seguir desfrutando dos vosos éxitos, polo que tedes que vírnolos contar. 

 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Graduación 2º Bacharelato

Graduación 4º da ESO

O noso alumnado de cuarto da ESO despediu a etapa como merecía!
Nun pequeno acto privado e emotivo leron os seus discursos de graduación. Algúns despedíronse dos seus compañeiros e dos profesorados, dado que comezan outra etapa noutro centro. Pola contra, outros mudan de etapa e pasan a ser do grupo dos maiores do instituto.

Sexa como for, moita sorte na próxima etapa.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Graduación 4º ESO

Graduación do alumnado da ESA e de Bacharelato Adultos

Graduación do noso alumnado da ESA e do Bacharelato de adultos!
Os nosos parabéns e moita sorte na seguinte etapa!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Graduación ESA e BACH Adultos

Revistas escolares 2023-2024

Xa están dispoñibles para ler as revistas escolares deste curso 2023-2024.

- As cousas do Castelao
- As outras cousas do Castelao

Recollen os mellores traballos, entrevistas, exposicións e artigos deste ano.

Parabéns a ambos os equipos!

Coreografías de acrosport 1º de Bach

O alumnado de 1º Bacharelato elaboraron excelentes coreografías de acrosport. Este vídeo é tan só unha pequena mostra dos nosos talentosos bailaríns. Cabe destacar que seguiron as instrucións á perfección, onde a organización e a coordinación foi o seu punto forte, á par que a súa creatividade. Parabéns!

 

Proxectos finais de Debuxo Técnico

O alumnado de Debuxo Técnico I entregou os seus proxectos finais para a materia, onde realizou propostas para a mellora dos espazos do instituto. Deste xeito, redistribuíron a disposición da biblioteca, propuxeron fabricar percheiros despregables e construír andeis móbiles. 

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Proxectos de Debuxo Técnico

Concertos de final de curso

Máis un curso, Josefa, xunto co seu alumnado de música, deleitounos conseu tradicional concerto de final de curso. Todos os cursos tocaron prezas incribles que nos conseguiron emocionar.

Grazas por tanto esforzo e deica aquí a un ano!

Representacións do grupo de teatro do IES

O grupo de teatro do IES Castelao levou a cabo as representacións teatrais para as que estivo traballando boa parte do curso. 

A primeira, El baile de FINN de curso  foi unha comedia irreverente na que se meten en situación. Que pasaría se o director do instituto cancela a actuación de final de curso no último momento? Compeñeirismo, unión, sindicalismo... todo artellado para facernos rir cuns excelentes diálogos. 

A segunda, I don't want to talk about it tratou o tema do illamento social, a angustia, a falta de comunicación dos adolescentes dende un punto de vista moi persoal. 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Representacións do grupo de teatro do IES

Simulacro StopAccidentes

Os últimos días de curso foron moi intensos. Incluso houbo tempo de facer un simulacro de accidente para saber como reaccionar.

En colaboración con StopAccidentes, a Policía Local de Vigo (con unidades como Atestados e a nova unidade de Drons), Ambulancias e Protección Civil levamos a cabo a recreación dun sinistro no aparcadoiro do noso IES.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Simulacro StopAccidentes
Distribuir contido