Simulacro StopAccidentes

Os últimos días de curso foron moi intensos. Incluso houbo tempo de facer un simulacro de accidente para saber como reaccionar.

En colaboración con StopAccidentes, a Policía Local de Vigo (con unidades como Atestados e a nova unidade de Drons), Ambulancias e Protección Civil levamos a cabo a recreación dun sinistro no aparcadoiro do noso IES.

A nosa Ciara actuou como vítima que foi atropelada pola Xefa de Estudos, Maijo. A rapaza entrou despistada co patinete nas instalacións, sen casco, e, para máis inri, cos auriculares postos. A colisión foi o suficientemente forte para causarlle importantes lesións.

A partir de aquí simulouse unha recreación con testemuñas que socorreron e declararon ante atestados. A condutora someteuse a probas toxicolóxicas. E o alumando aprendeu a realizar a RCP e a utilizar un desfibrilador.

Agardamos que fose útil por se alguén se ve envolto nunha situación semellante.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Simulacro StopAccidentes