No vestíbulo expóñense os traballos que o alumnado de 4º ESO fixo con motivo da celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o pasado 25 de Novembro.
O pasado 10 de novembro tivemos a sorte de contar coa gran deportista galega, -doble medallista no Campeonato Interfederativo Nacional de Espeleoloxía Tpv- María Luisa Barros Rodríguez, directora tamén da Escola de Espeleoloxía de Galicia.
O pasado 17 de novembro, en colaboración coa nosa ANPA, organizamos o xa tradicional Samaín-Magosto. Aquí tedes algunhas fotos da actividade:
O pasado xoves 23 de novembro o alumnado de 1º e 2º da ESO tivo ocasión de desenvolver unha xornada diferente acudindo á representación dunha adaptación teatral da novela Oliver Twist, obra dun dos iniciadores do Realismo literario, Charles DICKENS.
(17 de novembro de 1867)
[Jules VERNE, Vinte mil leguas baixo dos mares, XV-XVII, 1ª parte]
O 10 de novembro non me atopei con ninguén da tripulación. Ned e mais Conseil pasaron a maior parte do día comigo. Estrañáronse ante a inexplicable ausencia do capitán. Aquel día comecei o diario destas aventuras, feito que me permitiu contalas coa máis escrupulosa exactitude.
No vestíbulo de entrada e no salón de actos temos a oportunidade de disfrutar desta exposición organizada polo departamento de Educación Física que ten como finalidade visibilizar o papel da muller no deporte.
O material permanecerá no noso IES do 20 de novembro ao 1 de decembro e foi cedido polo Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.
Durante varios días estiveron expostos no salón de actos traballos feitos polo alumnado de 1ºESO baixo a coordinación das profesoras Leonor Torres e Manón Funes do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Os traballos versaron sobre o tema 1 do currículo "A Terra no universo" e consistiron en maquetas e carteis nos que se representaron Urano, Mercurio, o cometa Halley, Caronte, etc.